Inicio Blog Páxina 1819

O Festival de Jazz de Moaña volve en tempos de covid coa súa edición máis galega

0

O Festival de Jazz de Moaña volve este ano o Arboredo de Xunqueira, durante os días 14 e 15 de agosto, cumprindo toda normativa de seguridade e saúde pola crise sanitaria do Covid-19. Esta IV edición será a máis galega de todas, contando con grupos do país na súa maioría.

A delegada de turismo Coral Ríos, o delegado de ensino e deportes Juan Parcero e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron este luns, nos xardíns do concello, o cartel do Festival de Jazz de Moaña.

O equipo de goberno e os representantes da Asociación de Jazz de Moaña subliñaron que “O Festival de Jazz de Moaña xa é un dos eventos imprescindibles do programa “Días de Mar” e apuntan tamén que “nesta edición garantiranse as medidas de seguridade necesarias para o correcto desenvolvemento seguindo todas as normativas vixentes”.

O aforo será limitado a 300 persoas e as entradas serán gratuítas e estarán dispoñibles online, na plataforma reservas.gal, e na oficina de turismo, apartir desta semana.

A Asociación de Jazz de Moaña, encargados da produción das actividades din estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego de un altísimo nivel”.

Denuncian ante Fiscalía o presidente do Celta e a alcaldesa de Mos por posible prevaricación e suborno

0

A Comunidade de Montes de Tameiga denunciou ante Fiscalía un posible delito de prevaricación e suborno cometido polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nídia Arévalo, na sinatura do convenio para a construción do centro comercial que contempla a cidade deportiva do club de fútbol vigués.

Segundo confirmaron fontes da Comunidade de Montes, os feitos foron postos en coñecemento do Ministerio Público o pasado mércores.

Solicitan que que investigue se os termos do convenio, validado posteriormente en sesión plenaria do Concello, constitúen unha infracción do artigo 404 do Código Penal e da Lei do Chan do Galicia.

A comunidade, que aclara que a denuncia se centra na construción do centro comercial e non na cidade deportiva do Celta, asegura que o club e o Concello “omitiron” no convenio que a lei establece que para desenvolver un plan, os promotores deben posuír o 50 por cento dos terreos.

“No convenio asinado comprométense a recalificar 1 millón de metros cadrados, pero a parte que vai desenvolver o plan non é posuidora dos terreos”, sinalan fontes da entidade denunciante, que lembra que a metade da superficie na que se asenta o proxecto é propiedade da comunidade e o resto, de particulares.

Este sábado, o Real Club Celta celebrará o acto de colocación da primeira pedra da cidade deportiva, un proxecto que xerou rexeitamento social entre os comuneiros da área metropolitana de Vigo, que contan co apoio dos grupos da oposición en Mos e no Parlamento galego, que tachan o plan de “pelotazo urbanístico”.

Feijóo promete que a Xunta “seguirá ao lado de Barreras” se o estaleiro é “viable”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este martes que o Goberno galego “seguirá ao lado de Barreras” se o estaleiro é “viable” e “ten músculo para seguir traballando”.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, tras o acto de inauguración da Feira Conxemar en Vigo, e subliñou que “é clave ter empresas viables e estables, para que sigan creando postos de traballo”.

A ese respecto, Feijóo manifestou que Fillos de J.Barreras “demostrou ao longo da súa historia, a pesar das dificultades, e agora está nunha delas, e non menor, que sabe facer barcos”.

O presidente galego confirmou, respecto diso da crise aberta na empresa tras o cesamento do seu presidente, José García Costas, por parte da Xunta de Accionistas liderada por PMI (filial da petroleira mexicana Pemex), que o Goberno galego “interesouse” pola situación do estaleiro.

“AUDITAR A SITUACIÓN”

De feito, este martes está prevista unha reunión entre responsables do Igape, de Pymar e de Ritz-Carlton (que é a firma que ten os contratos máis importantes, para a construción de dúas minicruceros de luxo, en Barreras) para coñecer con detalle a situación do estaleiro.

“Imos a auditar a situación de Barreras (…), temos que chequear a situación para facer un diagnóstico e un bo tratamento“, apostilou o titular do Executivo autonómico.

“Sempre estivemos á beira da industria naval, e imos seguir estando, pero o que é necesario é que Barreras sexa un estaleiro viable, que teña músculo para seguir traballando. Se é así, a Xunta, o mesmo que con outros estaleiros, vai seguir ao seu lado”, proclamou Feijóo.

O presidente da Xunta, quen lembrou que Galicia está en segundo lugar de Europa en canto número de contratos de barcos, insistiu en que o Goberno galego pretende analizar “que se require” para a viabilidade de Barreras.

“Se é viable”, engadiu, seguirá “ao seu lado”, “como o estivo cando tivo a profunda crise que o levou practicamente á súa extinción” (en alusión ao proceso concursal de 2011). “Da mesma forma que estivemos na primeira parte do partido, imos tentar estar na segunda parte”, sentenciou.

“NECESIDADES”

A Xunta de Galicia reclamou ademais información sobre as “necesidades” de Hijos de J. Barreras, co fin de perfilar unha “solución integral” para esta empresa e para as da industria auxiliar que traballan nos proxectos en marcha no estaleiro.

Así llo trasladaron responsables do Igape aos representantes de Pymar e de Ritz Carlton (a empresa que ten os contratos máis importantes no estaleiro vigués) nunha reunión celebrada en Madrid este martes.

Fontes a administración autonómica explicaron que, antes de tomar ningunha decisión, o Goberno galego debe “coñecer a situación” do estaleiro e “cales son as necesidades” que debe cubrir “para dar resposta á carga de traballo que ten en carteira”.

Así, cando se coñezan esas necesidades, engadiron as mesmas fontes, “seguirase traballando para dar unha solución integral, que inclúa a carga de traballo dos estaleiros e ás empresas auxiliares que están implicadas nos proxectos”.

O Goberno galego avanzou, así mesmo, que “haberá novos contactos” coas partes, aínda que non precisou cando, para analizar a información solicitada.

NAVALIA

Por outra banda, Navalia (feira do sector naval, cuxo comité preside o propio José García Costas) fixo público un comunicado no que lamenta a situación do estaleiro e aclara que a coincidencia de García Costas na presidencia do comité e, ata hai uns días, do estaleiro, “nada ten que ver co devir da feira”.

O director de Navalia, Javier Arnau, lembrou, “sen entrar a valorar posibles erros na xestión da súa carteira de pedidos“, que Barreiras é o maior estaleiro privado de España, e que logrou “remontar unha complexa situación tras o duro concurso de acredores de 2011”.

Así mesmo, ante algunhas críticas a Barreras por introducirse no mercado dos cruceiros de luxo sen ter experiencia, defendeu a “capacidade” dos estaleiros galegos para abordar proxectos neste segmento, e valorou tamén a “capacidade de adaptación” da industria galega.

Vigo chora a morte en Valga de tres mulleres dunha mesma familia asasinadas a tiros por un home

0

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, decretou este luns a colocación das bandeiras do Concello a media hasta en repulsa polo triplo homicidio cometido en Valga (Pontevedra).

Esta decisión foi tomada co obxectivo de mostrar a “solidariedade” do municipio coas tres vítimas, así como cos seus familiares e amigos.

Precisamente, o rexedor olívico trasladou o seu pésame aos achegados das vítimas do “horrendo crime” cometido na localidade pontevedresa e chamou a facer fronte a esta violencia “colectivamente”.

En concreto, unha muller, a súa irmá e a súa nai faleceron este luns despois de que a exparella da primeira, un home de 41 anos, lles disparase.

Os armadores de Vigo reafirman as súas críticas a Greenpeace

A Asociación Nacional de Armadores de Buques Palangreiros de Altura (Anapa) e a Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca de Palangre e Outras Artes de Pontevedra (Arpoan) denunciaron que a “preocupación” de Greenpeace por atracar o seu buque ‘Rainbow Warrior’ no porto de Vigo supón un modo de “menoscabar” a actividade da frota pesqueira.

As asociacións de armadores aseguraron que a entidade ecoloxista debería sentirse “satisfeita” polo feito de que a Autoridade Portuaria lle concedese a atracada ao seu buque no Porto de Vigo, que definiron como un “paradigma de sustentabilidade”.

Ademais, mostráronse “sorprendidas” e “preocupadas” polo feito de que a organización optase pola cidade olívica para acoller o seu buque no que denuncia o cambio climático “habendo tanto por reivindicar” en frotas palangreiras de países extracomunitarios.

Deste xeito, subscribiron a defensa da actividade da frota realizada polo presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, e afirmaron que se atopa nun proceso auditado de mellora pesqueira, así como que busca a “excelencia” a través dunha actuación “sustentable”.

En concreto, Greenpeace cancelou a atracada do seu buque en Vigo, previsto para este mércores, e desprazouno a Vilagarcía de Arousa despois de que López Veiga acusase a esta organización de levar a cabo actuacións contra o sector do mar galego e declinase a súa invitación para visitar o ‘Rainbow Warrior’.

Ademais, Greenpeace aludira a que a zona adxudicada para a atracada dificultaba a realización dun concerto e outras actividades previstas no barco.

Lea entre palangreiros da Guarda e activistas de Greenpeace pola sobrepesca de quenllas

Greenpeace traslada o seu barco a Vilagarcía de Arousa ante a “hostilidade” do presidente do Porto de Vigo

Lea entre palangreiros da Guarda e activistas de Greenpeace pola sobrepesca de quenllas

O Tribunal Superior recoñece o dereito dunha traballadora de Citroën a unha quenda de mañá fixa por conciliación

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dunha traballadora da planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën a exercer o seu traballo durante a quenda de mañá e non ter que rotar por motivos de conciliación laboral.

A sentenza, contra a que cabe recurso de casación, recolle que a empregada conta cunha filla nada en 2012 cuxo horario escolar comprende de 9,00 a 14,00 horas da mañá. Por iso, a súa nai, que goza dunha redución de xornada, demandou exercer o seu labor na fábrica de 10,00 a 14,00 horas co obxectivo de conciliar a súa vida laboral e familiar.

O tribunal considera probado que a demandante goza da redución de xornada desde 2015, data na que se modificou a súa quenda fixa en horario nocturno a outro comprendido entre as 12,00 e as 16,00 horas. A sentenza recolleu que a demandante solicitou fixar a súa quenda de 10,00 a 14,00 horas en marzo de 2018 e que esta petición foi rexeitada pola empresa.

No resumo de feitos probados indicouse que PSA asinou un acordo co comité de empresa segundo o que se establecían quendas rotativas de catro ou seis horas para os traballadores que gozasen de reducións de xornada con substitucións ás 12,00 e ás 16,00 horas.

Este acordo foi impugnado por CIG “obtendo sentenza desestimatoria de data 23 de xullo de 2018 do Xulgado do Social número 1 desta cidade, actualmente pendente de recurso de suplicación”. Contra esa sentenza, “interpúxose recurso de suplicación pola parte demandante, non sendo impugnado de contrario”.

En principio, a sentenza contra a que a traballadora interpuxo o recurso ante o TSXG dera a razón á empresa ao entender que non mostrara “a imposibilidade de acudir a outros mecanismos” para coidar á nena e que non se ratificou “a necesidade imperiosa para adecuar as condicións familiares e laborais de aceptar elhorario proposto pola traballadora”.

Ademais, sinalouse que non se acreditou o horario escolar da menor nin que o horario da empregada fose “especialmente desventaxoso para conseguir non só estar coa nena, senón a parella e a familia completa xunta, gozando de tempo en común”.

Tamén se sinalou que non se indicou se se contaba con “axuda de avós ou de terceiras persoas” nin se detallaron “as posibilidades de comedor no colexio” ou “actividades extraescolares” que puidesen facilitar o coidado da menor.

A ese respecto, o TSXG incidiu na necesidade de “ponderar todas as circunstancias concorrentes” para garantir o “dereito á non discriminación por razón de sexo da traballadora, implícito no seu exercicio do dereito á redución de xornada por motivos familiares”. Así, remarcou a importancia de que os tribunais non se limiten ao “ámbito da legalidade ordinaria” e que valoren “o dereito fundamental en xogo”.

Así mesmo, destacou o dereito da muller á conciliación e incidiu en que o feito de dispor dun comedor escolar non pode servir como argumento para negar a adaptación do horario da nai, xa que, ademais de supor un custo extraordinario, non se acreditou a prestación do servizo no colexio.

En canto ao argumento recollido na sentenza previa respecto de que non se acreditou se a muller dispón de axuda de terceiras persoas ou de que o pai non poida adaptar a súa xornada, o tribunal considerou que o goce da familia é un “dereito individual do traballador home ou da traballadora muller”.

A maiores, apuntou que “non existe ningún dato que permite afirmar que a petición de horario realizada pola traballadora supoña unha imposibilidade, ou que admitir o mesmo sexa notablemente gravoso” para a empresa. Por iso, deu a razón á empregada.

O pleno vigués, contrario ao proxecto do Celta en Mos: “Os veciños de Vigo pagan e o señor Mouriño cobra”

0

PSOE, BNG e Marea de Vigo mostrarónse contrarios a que se modifique o plan do Concello de Mos (Pontevedra) “co que se pretende facilitar a realización do proxecto deportivo e comercial” vinculado ao Celta.

Pola súa banda, o PPdeG subliñou que o plan é “competencia municipal” e interpretou que ese consistorio “foi capaz de ofrecerlle” ao club de fútbol o que o de Vigo “non foi capaz”, por “incompetencia do alcalde”, Abel Caballero.

Así, no pleno, a demanda non saíu adiante. O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, defendeu a iniciativa porque, ao seu xuízo, “nunca se debe apostar por volver a ese modelo do pelotazo” e o que busca esta iniciativa é “favorecer o negocio privado”, polo que “non se xustifica”.

“Preténdese, menos dun ano despois, recalificar chan”, denunciou, asegurando que “a maioría” dese chan é de “protección forestal” e “a metade”, montes veciñais en man común con instrumentos de ordenación aprobados.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

“A sociedade civil foi a encargada de manter a actividade no monte e vostedes queren pasar por encima das súas opinións”, engadiu.

Por iso, propuxo que o Parlamento emita “unha declaración política”, xa que na súa opinión “isto non se pode permitir”. “Pedimos que non se aprobe a modificación puntual do plan para este megaproyecto deportivo e comercial”, remachou.

Na súa quenda, o deputado do BNG Luís Bará censurou o “contubernio” entre PP, Celta e un investidor no que considera “un negocio privado, especulativo de pirataría”. “É un despropósito, unha carallada”, resumiu.

“Radicalmente en contra deste proxecto”, comprometeu “todas” as “forzas” dos nacionalistas “para impedir que leve a cabo”, incluído o apoio a “todas as iniciativas en defensa do monte, da paisaxe, dos recursos e do comercio local, ameazado seriamente por este proxecto”.

Carlos Mouriño/ Miguel Núñez

Pola súa banda, o socialista Abel Losada criticou que “a Xunta con Vigo ten un mecanismo de actuación sorprendente” pois é a que “convida”, pero daquela a cidade “paga”.

“Neste caso convidan a Xunta e o Concello de Mos, o presidente da Xunta e a alcaldesa. Os veciños de Vigo pagan e o señor Mouriño cobra. Ese é o quid da cuestión”, sentenciou.

Deste xeito, reprobou a “alianza político electoral do presidente do Celta co da Xunta contra o alcalde de Vigo”, que desde o seu punto de vista “ponse de manifesto” con este asunto, posto que “é mentira que o Celta non poida construír no Concello de Vigo”. “Non podía construír o pelotazo dun centro comercial”, remachou.

Na súa quenda, o popular Alberto Pazos suxeriu que a oposición incita á Xunta a prevaricar, posto que o plan é competencia municipal e a autonómica “limítase á comprobación”.

Ademais, lembrou que o plan de Vigo foi “tombado legalmente” e acusou aos grupos de “enganar” aos veciños de Mos. “Amenten sobre as afeccións ás captacións de augas”, subliñou, antes de resolver que, para o seu grupo, esta proposición ten que ver coa proximidade das eleccións.

Nostalxia de luces en Vigo

O pasado domingo 13 de xaneiro as luces de Nadal dixeron adeus por un ano, non antes dun gran evento celebrado no centro da cidade.

Agora a afluencia de visitantes reducirase por uns meses, ata a chegada dos bos días de primaveira e verán. A morriña dos festivos e a ledicia do Nadal aparerecen representados nesta imaxe do noso fotoxornalista Miguel Núñez. Abaixo, un intre da despedida.

Despedida das luces/ Miguel Núñez

Arbo estrea sendeiro paisaxístico e etnográfico no río Deva

O Concello de Arbo xa pode desfrutar do carreiro entre o Río Deva e a Praia de San Xoán logo de finalizas as obras de acondicionamento e mellora realizadas pola Consellería de Medio Ambiente.

Os traballos, que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste carreiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.

O carreiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, desde a praia
fluival de San Xoán ata o viaduto do ferrocarril situado no barrio da Almuiña. Este paseo únese no lugar da Almuña co “sendeiro Rio Miño-Rio Deva”, que parte desde o lugar da Estación, onde hai un mirador situado no alto dende o que podemos descubrir unhas boas vistas da paisaxe galega: a desenbocadura do Deva no Miño, as pesqueiras, a Ponte Internacional, a praia fluvial da Estación e o noso país veciño Portugal. Ten unha lonxitude de 550 metros, unha dificultade fácil e un interese etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico.

Segundo declaracións do alcalde Horacio Gil, “as actuacións consistiron na roza manual do trazado, mellora da caixa do camiño, instalación dunha pasarela de madeira e de escaleiras,
a construción dun muro de mampostería para estabilizar o camiño e a instalación dun panel interpretativo con toda a información relativa ao sendeiro”. O rexedor tamén manifesta que estas actuacións están a atraer cada día máis turistas á zona de Arbo para coñecer todos os encantos do lugar.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed