InicioEconomíaFeijóo promete que a Xunta "seguirá ao lado de Barreras" se o...

Feijóo promete que a Xunta “seguirá ao lado de Barreras” se o estaleiro é “viable”

O presidente da Xunta, manifestou que Fillos de J.Barreras "demostrou ao longo da súa historia, a pesar das dificultades, e agora está nunha delas, e non menor, que sabe facer barcos".

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este martes que o Goberno galego “seguirá ao lado de Barreras” se o estaleiro é “viable” e “ten músculo para seguir traballando”.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, tras o acto de inauguración da Feira Conxemar en Vigo, e subliñou que “é clave ter empresas viables e estables, para que sigan creando postos de traballo”.

A ese respecto, Feijóo manifestou que Fillos de J.Barreras “demostrou ao longo da súa historia, a pesar das dificultades, e agora está nunha delas, e non menor, que sabe facer barcos”.

O presidente galego confirmou, respecto diso da crise aberta na empresa tras o cesamento do seu presidente, José García Costas, por parte da Xunta de Accionistas liderada por PMI (filial da petroleira mexicana Pemex), que o Goberno galego “interesouse” pola situación do estaleiro.

“AUDITAR A SITUACIÓN”

De feito, este martes está prevista unha reunión entre responsables do Igape, de Pymar e de Ritz-Carlton (que é a firma que ten os contratos máis importantes, para a construción de dúas minicruceros de luxo, en Barreras) para coñecer con detalle a situación do estaleiro.

“Imos a auditar a situación de Barreras (…), temos que chequear a situación para facer un diagnóstico e un bo tratamento“, apostilou o titular do Executivo autonómico.

“Sempre estivemos á beira da industria naval, e imos seguir estando, pero o que é necesario é que Barreras sexa un estaleiro viable, que teña músculo para seguir traballando. Se é así, a Xunta, o mesmo que con outros estaleiros, vai seguir ao seu lado”, proclamou Feijóo.

O presidente da Xunta, quen lembrou que Galicia está en segundo lugar de Europa en canto número de contratos de barcos, insistiu en que o Goberno galego pretende analizar “que se require” para a viabilidade de Barreras.

“Se é viable”, engadiu, seguirá “ao seu lado”, “como o estivo cando tivo a profunda crise que o levou practicamente á súa extinción” (en alusión ao proceso concursal de 2011). “Da mesma forma que estivemos na primeira parte do partido, imos tentar estar na segunda parte”, sentenciou.

“NECESIDADES”

A Xunta de Galicia reclamou ademais información sobre as “necesidades” de Hijos de J. Barreras, co fin de perfilar unha “solución integral” para esta empresa e para as da industria auxiliar que traballan nos proxectos en marcha no estaleiro.

Así llo trasladaron responsables do Igape aos representantes de Pymar e de Ritz Carlton (a empresa que ten os contratos máis importantes no estaleiro vigués) nunha reunión celebrada en Madrid este martes.

Fontes a administración autonómica explicaron que, antes de tomar ningunha decisión, o Goberno galego debe “coñecer a situación” do estaleiro e “cales son as necesidades” que debe cubrir “para dar resposta á carga de traballo que ten en carteira”.

Así, cando se coñezan esas necesidades, engadiron as mesmas fontes, “seguirase traballando para dar unha solución integral, que inclúa a carga de traballo dos estaleiros e ás empresas auxiliares que están implicadas nos proxectos”.

O Goberno galego avanzou, así mesmo, que “haberá novos contactos” coas partes, aínda que non precisou cando, para analizar a información solicitada.

NAVALIA

Por outra banda, Navalia (feira do sector naval, cuxo comité preside o propio José García Costas) fixo público un comunicado no que lamenta a situación do estaleiro e aclara que a coincidencia de García Costas na presidencia do comité e, ata hai uns días, do estaleiro, “nada ten que ver co devir da feira”.

O director de Navalia, Javier Arnau, lembrou, “sen entrar a valorar posibles erros na xestión da súa carteira de pedidos“, que Barreiras é o maior estaleiro privado de España, e que logrou “remontar unha complexa situación tras o duro concurso de acredores de 2011”.

Así mesmo, ante algunhas críticas a Barreras por introducirse no mercado dos cruceiros de luxo sen ter experiencia, defendeu a “capacidade” dos estaleiros galegos para abordar proxectos neste segmento, e valorou tamén a “capacidade de adaptación” da industria galega.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...