Inicio Blog Páxina 1770

Peche da piscina e ximnasio da mancomunidade do Val Miñor

0

A empresa concesionaria da xestión da piscina e ximnasio da Mancomunidade do Val Miñor, acaba de notificar o peche das instalacións ata o próximo 31 de Marzo.

Siguiendo las medidas de carácter extraordinario por el coronavirus
(COVID-19) acordadas por la Mancomunidad do Val Miñor, procedemos al cierre de la instalación de la Piscina Mancomunada do Val Miñor desde el viernes 13 de marzo hasta el 31 de marzo como medida preventiva para garantizar la salud de nuestros usuarios y trabajadores. 

Piscina do Val Miñor

A empresa enviou unha mensaxe aos seus usuarios para advertilo e ofrecer a posibilidad de realizar un entrenamento gratuíto dende as súas casas.

Onte mesmo a xente vía con preocupación que seguisen abertas as instalacións e as actividades dentro do espazo deportivo, pese ás recomendacións lanzadas polas distintas administracións.

La Iguana, 29 anos dando rock a Vigo

0

Os médicos dimisionarios de Vigo ven “insuficiente” a resposta do Sergas ás súas reivindicacións

Os xefes de Unidade e Sevicio da área sanitaria de Vigo que presentaron a súa dimisión o pasado marzo advertiron de que consideran “insuficiente” a resposta do Sergas ante as súas reivindicacións para solucionar a situación de sobrecarga asistencial, que, segundo apuntaron, permanece vixente.

Os médicos valoraron a substitución do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, polo seu homólogo na área sanitaria de Ourense e incidiron en que, deste xeito, se abriu unha “oportunidade” de “diálogo”.

Ademais, afirmaron que manteñen unha “actitude negociadora” a pesar de que a Xunta non respondese o burofax remitido tras a finalización da folga realizada en maio nos centros de Atención Primaria da área de Vigo.

Tamén definiron como “primordial” a súa adhesión á Asemblea de Áreas Sanitarias e a súa relación con esta, que consideraron como un “foro de debate” dos profesionais dos centros galegos de Atención Primaria.

Os ex xefes de Servizo e Unidade sinalaron así mesmo que permanecen á espera da resposta da administración ao ditame das comisións do Consello Xeral de Colexios Médicos de Galicia e do Colexio Médico de Pontevedra.

Tamén apuntaron que continúan o proceso de reclamación ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social debido ás súas condicións laborais.

Un proxecto de automoción en Mos creará máis de 40 empregos e mobilizará 8 millóns de euros

0

Un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) no parque da Veigadaña, e que suporía un investimento directo de 8 millóns de euros por parte das empresas implicadas, aspira a xerar 42 novos empregos.

En concreto, as empresas implicadas están relacionadas co sector da automoción, segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que, nestes momentos, tramita o proxecto.

A titular deste departamento autonómico, Ángeles Vázquez, avanzou que a iniciativa, cuxas instalacións visitou este luns, tamén espera consolidar 300 empregos xa existentes.

Ademais, detallou que xa existen 18 parcelas que suman unha superficie de 24.000 metros cadrados no parque empresarial reservadas para a solicitude da asociación, que deberá presentar a documentación necesaria para continuar cos trámites, o que se espera que teña lugar antes de finais de verán. A conselleira anunciou que, deste xeito, a Xunta busca declarar este proxecto como unha iniciativa singular.

Así mesmo, apuntou que existe unha bonificación do 30 por cento sobre o prezo de compra das parcelas dispoñibles no parque á que se poderán acoller as empresas promotoras do proxecto.

Vigo enche os hoteis de turistas que queren ver as luces durante esta ponte

Os hosteleiros vigueses están pletóricos. Segundo o Clúster do Turismo de Galicia, Vigo é o concello galego con mellores previsións de turistas durante esta ponte da Constitución. Uns turistas que, principalmente, acoden á cidade para ver a iluminación de nadal.

De feito, as previsións do sector é que os establecementos teñan unha ocupación do 85 e 90%, algo impensable hai cinco anos, por exemplo, e atribúen esta suba ao famoso, e polémico, alumeado de Nadal. O sector agarda que os turistas, ademais de visitar a cidade, tamén fagan compras na cidade.

A nivel galego, o turismo tampouco será malo nesta ponte, aínda que as previsións son de alcanzar cifras de ocupación similares ás de 2015 ou 2016, en torno ao 60% ou 70%. Cifras que son inferiores ás do pasado ano.

Con todo, tanto en Vigo coma nalgúns puntos de Galicia, os hosteleiros agardan colocar os carteis de “completo” ao longo destes días coas reservas de última hora xa que son conscientes de que “a xente soe preparar as viaxes das pontes nos últimos días”.

TURISMO RURAL

Outra parte do turismo será o rural. Estes días agárdase que as casas rurais teñan unha ocupación de en torno ao 50%. Un sector que se ve impulsado por iniciativas como o Outono Gastronómico.

Nados no Sáhara: outra forma de mirar

Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza cada verán a acollida de nenos e nenas saharauís por parte de familias de toda Galicia, moitas delas viguesas. Unha iniciativa que, con todo, ten o freo de man botado desde hai algúns anos, concretamente, desde que comezou a crise económica que aínda non parece abandonarnos.

E o certo é que, co tempo, a crise tamén é unha crise de valores e da solidariedade. Esta asociación, SOGAPS, botou a andar no ano 89. Nun comezo traían cada verán a Galicia 20 nenos, logo foron 80, despois máis de 600. Coa crise, este número descendeu ata estabilizarse nos 400. No conxunto de España, hai 6 anos eran 12.000 nenos acollidos, agora algo menos da metade.

A ollada de Didi, neno saharaui / Miguel Núñez

Axudar ao Sáhara non custa moito: “Cando calquera das familias de acollida deixa algo de diñeiro, a súa familia, de 9 ou 10 persoas, pode vivir diso cinco ou seis meses”, recordan.

Hai máis de 20 anos que terminou a guerra no Sáhara, pero a situación segue sen arranxarse: “A pesar de tódalas resolucións da ONU, Francia ten dereito de veto, e entre Francia e Marrocos están a repartirse a riqueza do lugar. Cando España abandonou o Sáhara, non o deixou aos saharauís, e xa viviron 42 anos de conflito”, lembran desde Sogaps.

Despedida dos nenos do Sáhara/ Miguel Núñez

En Galicia, os nenos saharauís reciben revisións médicas que alá non teñen, e poden detectarse enfermidades. E os maiores e pequenos da familia abren a súa mente, conceñen outra realidade totalmente distinta.

Aos nenos de acollida sorpréndenlles cousas que para nós forman parte da rutina diaria. O interruptor da luz, abrir unha billa e que brote a auga, a praia… Abraiados por absolutamente todo, desfrutando das pequenas cousas.

Despedida dos nenos do Sáhara en Vigo / Miguel Núñez

Nestas datas, os nenos xa regresaron ao seu Sáhara natal, conservando a súa forma de mirar, coñecedores do lado máis solidario do noso país.

Nenos do Sáhara/ Miguel Núñez

A Guarda constrúe unha nova pista de skate, “deporte de referencia” no Concello

0

Este luns día 27 de agosto iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona
deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona
deportiva e de ocio infantil.

Ata o lugar trasladáronse o Alcalde da Guarda, acompañado da Concelleira de Turismo, o
Concelleiro de Vías e Obras e o Concelleiro de Deportes, para visitar o arranque das obras e
supervisar os traballos que alí se realizarán nos vindeiros días.

Obras do skatepark na Guarda/ Concello da Guarda

Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, vén a
cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa
dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade
deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

O proxecto inclúe a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a actual
pista multiusos e albergar o novo skatepark, que contará cun «bowl» e diferentes
equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46m x
18,20m.

Salto por riba do lume de San Xoán para que non me trabe cadela nin can

Por fin abren os primeiros tramos da polémica Autovía do Morrazo

Logo de numerosos atrasos e inconvenientes para os milleiros de habitantes do Morrazo, a Xunta anunciou xa a apertura parcial da Autovía do Morrazo. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este sábado que os dous primeiros tramos abrirán ao tráfico o venres 11 de maio, desde o enlace de Rande ao de Meira.

Acompañada do director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, participou nesta xornada con veciños do Morrazo e Vigo nun percorrido por parte do trazado da nova vía libre de peaxe.

A conselleira, segundo informa a Xunta nun comunicado, quixo compartir cos veciños a oportunidade de coñecer “dun modo diferente” a Autovía do Morrazo, unha infraestrutura “construída para as persoas, para o uso dos cidadáns” que, desde o venres 11 de maio, terá en servizo os dous primeiros tramos. O percorrido, duns 3 quilómetros, correspondeuse co primeiro tramo da autovía, o situado entre a ligazón de Rande e de Domaio.

Ethel Vázquez explicou aos participantes as características das estruturas máis singulares da nova autovía, ademais de sinalar os viadutos de Rande e da Moura, este último con máis de 400 metros de lonxitude, sendo o máis longo de toda a autovía.

TÚNEL DE MONTEALEGRE

Tamén destacou o túnel de Montealegre, que supuxo executar unha obra “de gran singularidade técnica”, da que “non se atopa outro exemplo en España, sendo “a primeira vez que se amplía o túnel”.

Precisamente, esta ampliación do túnel permitiu preservar, na súa totalidade, o Castro de Montealegre, no que a Xunta subliña que “se traballou intensamente” ao realizar “unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica”, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que facilitou un labor de documentación do xacemento “de enorme valor histórico e cultural”.

Vázquez explicou que, neste momento, están a ultimarse “todos os traballos de sinalización e pintado” que permiten circular “en condicións de seguridade” e aproveitou para “agradecer a comprensión e paciencia” dos veciños polas “molestias inevitables” que supoñen as grandes obras.

“Ao final, verán que o esforzo mereceu a pena“, aseverou, antes de lembrar que, no verán de 2019, “toda” a autovía será “realidade”, a infraestrutura de maior investimento que está a realizar nestes momentos o seu departamento, con 55,5 millóns de euros para a construción de 11 quilómetros de autovía.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed