InicioEconomíaVigo enche os hoteis de turistas que queren ver as luces durante...

Vigo enche os hoteis de turistas que queren ver as luces durante esta ponte

PUBLICADO O

Os hosteleiros vigueses están pletóricos. Segundo o Clúster do Turismo de Galicia, Vigo é o concello galego con mellores previsións de turistas durante esta ponte da Constitución. Uns turistas que, principalmente, acoden á cidade para ver a iluminación de nadal.

De feito, as previsións do sector é que os establecementos teñan unha ocupación do 85 e 90%, algo impensable hai cinco anos, por exemplo, e atribúen esta suba ao famoso, e polémico, alumeado de Nadal. O sector agarda que os turistas, ademais de visitar a cidade, tamén fagan compras na cidade.

A nivel galego, o turismo tampouco será malo nesta ponte, aínda que as previsións son de alcanzar cifras de ocupación similares ás de 2015 ou 2016, en torno ao 60% ou 70%. Cifras que son inferiores ás do pasado ano.

Con todo, tanto en Vigo coma nalgúns puntos de Galicia, os hosteleiros agardan colocar os carteis de “completo” ao longo destes días coas reservas de última hora xa que son conscientes de que “a xente soe preparar as viaxes das pontes nos últimos días”.

TURISMO RURAL

Outra parte do turismo será o rural. Estes días agárdase que as casas rurais teñan unha ocupación de en torno ao 50%. Un sector que se ve impulsado por iniciativas como o Outono Gastronómico.

ÚLTIMAS

Multas de máis de 88.000 euros para tres navieras que monopolizaban o transporte e reservas no cámping das Ons

A Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo confirmou as multas impostas de máis de...

Luis Fonsi actuará en Castrelos o 23 de xullo

O cantante portorriqueño Luis Fonsi súmase ao cartel de concertos do verán no Auditorio de Castrelos...

Abel Caballero confirma que a reforma da Avenida de Madrid comezará o ano que vén, tras o Nadal

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para...

O TSXG rebaixa a oito meses de cárcere a condena a unha enfermeira de Vigo por intoxicar con fármacos á súa filla

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a...