InicioEconomíaPor fin abren os primeiros tramos da polémica Autovía do Morrazo

Por fin abren os primeiros tramos da polémica Autovía do Morrazo

Os dous primeiros tramos brirán ao tráfico o venres da próxima semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Logo de numerosos atrasos e inconvenientes para os milleiros de habitantes do Morrazo, a Xunta anunciou xa a apertura parcial da Autovía do Morrazo. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este sábado que os dous primeiros tramos abrirán ao tráfico o venres 11 de maio, desde o enlace de Rande ao de Meira.

Acompañada do director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, participou nesta xornada con veciños do Morrazo e Vigo nun percorrido por parte do trazado da nova vía libre de peaxe.

A conselleira, segundo informa a Xunta nun comunicado, quixo compartir cos veciños a oportunidade de coñecer “dun modo diferente” a Autovía do Morrazo, unha infraestrutura “construída para as persoas, para o uso dos cidadáns” que, desde o venres 11 de maio, terá en servizo os dous primeiros tramos. O percorrido, duns 3 quilómetros, correspondeuse co primeiro tramo da autovía, o situado entre a ligazón de Rande e de Domaio.

Ethel Vázquez explicou aos participantes as características das estruturas máis singulares da nova autovía, ademais de sinalar os viadutos de Rande e da Moura, este último con máis de 400 metros de lonxitude, sendo o máis longo de toda a autovía.

TÚNEL DE MONTEALEGRE

Tamén destacou o túnel de Montealegre, que supuxo executar unha obra “de gran singularidade técnica”, da que “non se atopa outro exemplo en España, sendo “a primeira vez que se amplía o túnel”.

Precisamente, esta ampliación do túnel permitiu preservar, na súa totalidade, o Castro de Montealegre, no que a Xunta subliña que “se traballou intensamente” ao realizar “unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica”, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que facilitou un labor de documentación do xacemento “de enorme valor histórico e cultural”.

Vázquez explicou que, neste momento, están a ultimarse “todos os traballos de sinalización e pintado” que permiten circular “en condicións de seguridade” e aproveitou para “agradecer a comprensión e paciencia” dos veciños polas “molestias inevitables” que supoñen as grandes obras.

Ao final, verán que o esforzo mereceu a pena“, aseverou, antes de lembrar que, no verán de 2019, “toda” a autovía será “realidade”, a infraestrutura de maior investimento que está a realizar nestes momentos o seu departamento, con 55,5 millóns de euros para a construción de 11 quilómetros de autovía.

ÚLTIMAS

Rueda, preparado para negociar con Caballero

O desbloqueo da urbanización da ETEA, a reforma das pistas de Balaídos, ou a...

A concelleira de Urbanismo afea a “actitude” da Xunta a catro días da reunión de Rueda e Caballero

O goberno municipal de Vigo afeou este venres "o fondo e as formas" das declaracións da...

O PP de Vigo esixe a Caballero que garanta a seguridade en San Xoán ante a previsión de falta de bombeiros

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu este venres ao alcalde, Abel Caballero,...

Falece un mozo en Vigo tras ter un accidente cunha carretilla elevadora

Un mozo de 24 anos de idade faleceu este xoves en Vigo tras sufrir...