InicioSociedadeOs médicos dimisionarios de Vigo ven "insuficiente" a resposta do Sergas ás...

Os médicos dimisionarios de Vigo ven “insuficiente” a resposta do Sergas ás súas reivindicacións

Denuncian que persiste a situación de sobrecarga asistencial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os xefes de Unidade e Sevicio da área sanitaria de Vigo que presentaron a súa dimisión o pasado marzo advertiron de que consideran “insuficiente” a resposta do Sergas ante as súas reivindicacións para solucionar a situación de sobrecarga asistencial, que, segundo apuntaron, permanece vixente.

Os médicos valoraron a substitución do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, polo seu homólogo na área sanitaria de Ourense e incidiron en que, deste xeito, se abriu unha “oportunidade” de “diálogo”.

Ademais, afirmaron que manteñen unha “actitude negociadora” a pesar de que a Xunta non respondese o burofax remitido tras a finalización da folga realizada en maio nos centros de Atención Primaria da área de Vigo.

Tamén definiron como “primordial” a súa adhesión á Asemblea de Áreas Sanitarias e a súa relación con esta, que consideraron como un “foro de debate” dos profesionais dos centros galegos de Atención Primaria.

Os ex xefes de Servizo e Unidade sinalaron así mesmo que permanecen á espera da resposta da administración ao ditame das comisións do Consello Xeral de Colexios Médicos de Galicia e do Colexio Médico de Pontevedra.

Tamén apuntaron que continúan o proceso de reclamación ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social debido ás súas condicións laborais.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...