Inicio Blog Páxina 1684

Marea de Vigo vencella o aumento de casos a unha actitude “irresponsable” adoptada para “salvar o Nadal”

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, vinculou este martes o aumento de casos de coronavirus detectado na cidade olívica, onde os activos ascenden a 1.579, cunha actitude “irresponsable” adoptada para “salvar a (campaña de) Nadal”. Nunha rolda de prensa, o concelleiro lamentou que o panorama político de 2021 comezara “nun contexto malo” marcado por un aumento de contagios en Vigo, unha “tónica xeral” nos grandes municipios de Galicia.

Pérez relacionou esta situación cunha intención “bastante irresponsable” de “pretender salvar o Nadal” e “facer crer ao conxunto da poboación que facer chamadas a acudir a cabalgatas, espazos comerciais ou infraestruturas recentemente inauguradas non ía ter impacto sobre o nivel de contaxios”. Así, o portavoz de Marea de Vigo sinalou que, tras acudir a eses lugares, as persoas desprazáronse ás vivendas dos seus familiares nas datas sinaladas da tempada do Nadal, o que levou que o virus “se propagase máis”.

Ao seu xuízo, a terceira onda abre “unha situación de extrema incerteza e preocupación” para este ano na urbe olívica dado o peso do sector servizos, en concreto a hostalaría e o comercio, en “unha parte moi importante da súa economía”. Deste xeito, augurou que o impacto do incremento dos contagios na situación económica de Vigo “vai ser moi importante e impredicible”.

Dispáranse os casos de Covid na área de Vigo

0

Galicia detectou nas últimas 24 horas menos de 200 novos contaxios de COVID-19, unha cifra que supón un descenso con respecto ás xornadas anteriores e que non se pasaba desde o pasado 8 de setembro. En concreto, segundo os datos da Consellería de Sanidade, detectáronse na última xornada 194 novos casos de COVID-19 e a cifra de casos activos diminuíu ata os 4.304 (-46). Non é así na área de Vigo, onde están disparados e suman 17 novos positivos activos.

Nas últimas 24 horas sumáronse ao parte tres falecementos relacionados coa COVID-19, os de dous usuarios de residencias –a Orpea de Culleredo e a DomusVi Lugo de Outeiro de Rei– e o dunha muller ingresada no Hospital de Ourense, co que xa son 718 os vinculados á pandemia. Do mesmo xeito, producíronse 237 altas, co que a cifra de persoas que superaron a COVID-19 en Galicia elévase a 16.995.

Segundo os datos de Sanidade, catro das sete áreas sanitarias galegas rexistran un descenso na cifra de casos activos. En concreto, a baixada máis pronunciada dáse en Lugo, onde pasan de 725 a 689 (-36) e na Coruña, onde baixan en 30, de 1.178 a 1.148. Do mesmo xeito, na área sanitaria de Santiago e A Barbanza hai 12 casos activos menos, ata 625 e na de Ferrol caen sete, ata os 177.

Pola contra, a cifra de casos activos sobe en Vigo, onde pasan de 440 a 457 (+17) e na de Ourense, con 14 máis, ata os 541. En Pontevedra, pola súa banda, pasan de 658 casos activos a 667 (+9).

Dimite máis da metade da xunta directiva de Ciudadanos Vigo pola “deriva autoritaria” do partido en Galicia

Catro dos sete membros da xunta directiva de Ciudadanos en Vigo anunciaron este xoves a súa dimisión, entre os que se atopa o seu coordinador, Gregorio García, segundo confirmaron fontes da organización laranxa.

Nunha carta, Gregorio García trasladou aos medios a súa dimisión, que se suma ás doutros tres membros e “deixa sen estrutura ao partido” na cidade olívica debido ao seu “descontento” coa “falta de dilixencia” da dirección autonómica.

“Voume porque a situación é insostible. Ciudadanos Galicia converteuse nun instrumento para colocar e enchufar amigos”, lamentou García, quen tamén se deu de baixa no partido polo “declive da esencia moral da marca en Galicia” que, segundo el, “está a provocar a fuxida de militantes e de talento”.

Neste sentido, cargou contra a dirección galega do partido laranxa e a súa “deriva autoritaria” que, ao seu xuízo, “provocou que o partido se convertese nunha máquina de destruír talento”.

O xa excoordinador da formación apuntou a necesidade de que desde Madrid se tomen accións para “frear a autodestrución” do partido en Galicia. “Ciudadanos ten un proxecto nacional sólido, forte e ilusionante. É unha mágoa que permitan que pequenos caciques vindos a máis dilapiden os valores de traballo, respecto, humildade e sentido común”, apostilou.

“INTERESES INDIVIDUAIS”

Pola súa banda, a dirección de Ciudadanos Galicia lamentou a dimisión dos membros da xunta e a súa baixa como afiliados, aínda que sinalou que “son cousas que pasan en todos os partidos”. “Uns saen e outros entran”, afirmou o secretario de Organización en Galicia, Laureano Bermejo, restando importancia ao asunto.

Así, Bermejo criticou que esta situación “ocorre cando hai persoas que no canto de pensar no proxecto xeral e buscar o mellor, antepoñen intereses individuais“, polo que asegurou que Ciudadanos seguirá “traballando e avanzando” para dar aos vigueses e aos galegos “un proxecto de ilusión, cambio e progreso”. “O partido é moito máis que catro membros dunha xunta directiva”, sentenciou.

“PORTAS ABERTAS”

Na mesma liña falou tamén a deputada de Ciudadanos por Pontevedra Beatriz Pino: “Non pasa absolutamente nada. Normalidade absoluta. En Ciudadanos temos as portas abertas a aquel que queira sumarse ao proxecto político e achegar valor e, na mesma medida, as portas abertas a aquel que considere que non é o momento onde ten que estar e non senta a gusto”, subliñou.

Aínda así, indicou que Cs ten en Vigo un equipo “importantísimo” de xente “traballadora” e “comprometida” co proxecto. “Quizá esta xente que quixo abandonar puxo por diante intereses persoais antes de intereses de partido. É unha mágoa”, indicou Pino, aínda que descartou que isto vaia afectar os seus resultados nas eleccións xerais.

O Celta mide a súa ambición europea ante un sólido Granada

0

A fiabilidade a domicilio do Granada, con catro puntos nas súas dúas primeiras saídas, mide este domingo a ambición europea do Celta de Vigo, que non poderá contar coa súa fichaxe estrela, o ex-azulgrana Rafinha Alcantara, ao que Fran Escribá reservará para a cita contra o Atlético de Madrid.

A súa baixa aumenta as opcións de Brais Méndez de manterse no equipo titular, pois a outra posibilidade é que o técnico celeste sitúe a Santi Mina, que apunta ao once, como extremo, e manteña ao uruguaio Toro Fernández como compañeiro de Iago Aspas na liña de ataque.

A entrada de Santi Mina, con todo, non será o único retoque que realice Escribá respecto ao once do Sánchez Pizjuán. O capitán Hugo Mallo estrearíase este curso no lateral dereito pese ao bo rendemento de Kevin Vázquez; e o mozo Jorge Sáenz acompañaría a Aidoo no centro da zaga, favorecido pola viaxe coa súa selección do mexicano Néstor Araujo, que só completou dous adestramentos co grupo.

O turco Okay Yokuslu ten a alta médica tres meses e medio despois de caer lesionado, pero fáltalle ritmo de competición. Lobotka e Beltrán formarán o dobre pivote. Denis Suárez é fixo na banda esquerda, por diante do uruguaio Lucas Olaza.

Detidos en Vigo dous presuntos dirixentes de Resistencia Galega

0

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado fixeron varios rexistros en vivendas de Galicia e arrestaron algúns destacados membros do independentismo galego aos que se lles asocia con Resistencia Galega.

A Cadena Ser informaba este domingo da detención este sábado pola tarde en Vigo de dous presuntos dirixentes da organización Resistencia Galega. En concreto, sinala a Antón García (alias Toninho) e Asunción Losada Camba. Sobre ambos os dous pesaba unha orde europea de detención e entrega. No momento da detención estaban acompañados por un presunto colaborador quen tamén resultou detido, segundo a Ser, ademais doutro segundo cooperante tamén arrestado.

Críase, por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que os detidos fuxiran a Portugal e mesmo foron buscados en Venezuela. Pero foron atopados e arrestados finalmente en Galicia. Aos dous se lles atribúe a fundación de Resistencia Galega como herdeira do Exercito Guerrilheiro de Povo Galego Ceive.

Tanto Asunción Losada como Antón García atopábanse, segundo a Xustiza española, fuxidos desde 2006, cando a Audiencia Nacional ordenou por primeira vez a súa detención, pouco despois da fundación oficial de Resistencia Galega.

Previamente, Causa Galiza remitiu este domingo a Galicia Confidencial unha mensaxe na que denunciaba a detención por parte da Garda Civil do militante independentista Miguel Garcia.

Na mensaxe, a formación independentista sinala que Garcia foi “detido em Vila Marim”. Tamén indica que axentes da Garda Civil procederon ao rexistro da súa casa.

Causa Galiza tamén denuncia que non sabe onde foi trasladado o seu militante: “Desconhece-se o seu paradeiro e o regime juridico sob o que se encontra”, din fontes desta formación.

En redes sociais, Causa Galiza tamén espallou a súa denuncia, onde comunicou que habería mobilizacións contra este arresto, que considera “umha nova montagem policial contra o independentismo organizado”.

Contra os detidos existen nove acusuacións que inclúen pertenza a organización terrorista en grao de dirixentes, tenencia ilícita de armas, transporte de explosivos e falsedade documental.

Máis información en Galicia Confidencial.

Cs critica a “política de titulares” de Xunta e Concello en Vigo

O candidato de Cidadáns á Alcaldía de Vigo, Javier Alonso, apostou por “desbloquear” a área metropolitana a través da procura dun “obxectivo común” para a mesma e da suma da cidade ao servizo da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMB) e, ante o superávit co que conta a urbe, propuxo a conxelación de impostos locais.

Durante unha rolda de prensa celebrada este mércores en Vigo, Javier Alonso presentou o seu programa electoral para os comicios municipais, que terán lugar o próximo 26 de maio, e incidiu na necesidade de “retomar o diálogo con outras administracións”.

Preguntado polos medios, criticou os enfrontamentos ao redor da cidade por parte da Xunta e o Concello, que definiu como unha “política de titulares”. Ante esta situación, asegurou que a súa formación aspira a “resolver problemas” que afecten os vigueses.

Para iso, apostou por axustar a recadación a “as necesidades da cidade” e preguntouse por que o superávit xerado non se reinviste. Así, propuxo a “conxelación” do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (plusvalía) e asegurou que estudará a posibilidade de reducilos.

MOBILIDADE

En relación á mobilidade urbana, lembrou que a concesión do transporte público extinguirase en 2020 e que é preciso adaptar este servizo para que garanta unha conexión entre os distintos barrios da cidade. Tamén avogou pola creación de carrís para bicicletas e vehículos de mobilidade persoal.

Ademais, ante o que definiu como unha “inseguridade urbanística” presente na localidade, defendeu a necesidade de desenvolver un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que contemple o crecemento da cidade a longo prazo.

EMPREGO E INDUSTRIA

Tamén incidiu na importancia de “buscar novos sectores económicos de alto valor engadido” que permitan “desenvolver a cidade” e xerar postos de traballo e apostou por potenciar o pequeno comercio nas zonas urbanas desde o Concello.

Ramón Porrina, xenio e figura do caixón flamenco, ofrece Masterclass en Vigo e Ponteareas

Está de xira por Vigo e Ponteareas Ramón Suárez, coñecido como “Ramón Porrina”. Fillo do cantaor Ramón “O Portugués” e neto de “Porrina de Badajoz”, é un dos pioneros do caixón, por así dicilo o primeiro. Colaborou en discos tan importantes como “Potro de Rabia y Miel” de Camarón de la Isla ou “Zyryab” de Paco de Lucía, e traballou en compañías tan importantes como a de Joaquín Cortés ou Antonio Canales.
Dentro do cante flamenco gravou con cantaores como Enrique Morente, José Mercé, Miguel “El Rubio”, Diego “El Cigala”, Duquende, Potito, Montse Cortés, La Tana, Niña Pastori, Estrella Morente,Tomatito, Vicente Amigo, Gerardo Núñez, El Viejin, Rafael Riqueni, Enrique de Melchor, Jesús de Rosario, Niño Josele, Diego del Morao, Ramón Jimenez…
P- ¿Que o trae a Vigo?
R- Nos últimos anos separadamente das actuacións musicais co meu grupo, percorro España dando clases de percusión difundindo o caixón flamenco. Este instrumento tomou unha proxección internacional a partir da súa incorporación á música flamenca feita por Paco de Lucía. Teño previsto impartir dous Masterclass: a primeira en Backstage Guitars de Vigo o día 9 de marzo e o día 10 na Escola de Música Moderna e danza CDM de Ponteareas.
P- ¿Como nace a súa paixón pola música flamenca?
R- Son parte dunha familia tradicional da música flamenca, o meu avó foi unha figura emblemática da nosa música e o meu pai aínda o é.
P- ¿Ten seguidores en Galicia o Caixón Flamenco?
R- Este instrumento está en pleno apoxeo en toda España e o mundo, pero en Galicia ten unha longa tradición na percusión acompañando á gaita. Podemos citar instrumentos como a Pandereta, o Tamboril, os Tambores, o Pandeiro Cadrado, as Pandeiras, o Bombo, etc. Así como en Andalucía a guitarra é o instrumento central, en Galicia a percusión é fundamental para a súa folclore. Os percusionistas galegos de hoxe intentan ampliar a súa formación aprendendo a utilizar o Caixón Flamenco.
P- ¿Que expectativa ten destes dous cursos?
R- Estamos tendo unha importante demanda de prazas desde que o anunciamos. Aínda que aínda nos quedan algunhas libres, estamos pensando ampliar outra clase complementaria, no caso de que se apunten máis alumnos.
P- ¿É necesario ter coñecementos de música para facer o curso?
R- Non, soamente sentir a música e ter ganas de aprender. O curso son tres horas pola mañá e tres pola tarde.
P- Os interesados ¿a donde deben dirixirse?
R- O coordinador desta iniciativa é o guitarrista, compositor e cantautor vigués “Tono Alcalde”, co apoio de Backstage Guitars e dZetta Music Center de Vigo e o CDM de Ponteareas. Tamén será o meu colaborador no propio curso, dada a súa experiencia na música flamenca. O teléfono de inscripción é o 647 519 326.

Regresa á vida Radio Celta 39 anos despois

A asemblea xeral do Centro Galego de Barcelona aprobou, por unanimidade, iniciar as xestións para recuperar a antiga emisora do centro, Radio Celta, como instrumento de difusión da cultura e lingua galegas.

Creada en 1984 por iniciativa de Xosé Fernández Fernández, directivo do centro, Radio Celta funcionou ata xuño de 1985, en que foi pechada por non conseguir a preceptiva licenza.

A emisora emitía diariamente, desde as 8 da mañá ata a medianoite, unha programación continuada, a metade dela en lingua galega, e contaba para facela con 18 colaboradores permanentes.

Doutra banda, a asemblea, presidida por Carlos Mandianes, tamén acordou de forma unánime a creación de carnés de pvc dixitais para a identificación dos socios, no marco da política de modernización que está a impulsar o centro.

Detido un veciño de Vigo con 86 doses de cocaína e 1.000 euros en efectivo

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade olívica, de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, e ao que lle interviñeron 86 doses de cocaína e uns 1.000 euros en efectivo.

Segundo confirmaron fontes policiais, a investigación iniciouse por mor de varias denuncias cidadás sobre a posible existencia dun foco de venda de drogas na contorna de Isaac Peral e Canadelo Baixo.

Así, estableceuse un dispositivo de vixilancia e comprobouse a constante trasfega de toxicómanos, que esperaban ao vendedor de droga en varios puntos predeterminados. Este adoptaba medidas de seguridade e tiña especial coidado cando contactaba cos compradores e cando realizaba os intercambios, para eludir a acción da Policía.

Efectivos do 091 despregáronse pola zona para controlar os movementos do suposto traficante e, a pasada madrugada, localizaron ao sospeitoso cando chegaba á zona. Ao comprobar que non había ningún comprador, o mozo emprendeu a marcha cara a Isaac Peral.

Nese momento foi interceptado por dous axentes que, despois de identificalo, realizáronlle un cacheo preventivo de seguridade, e atopáronlle, nunha mochila, 86 doses de cocaína, unha importante cantidade de haxix, un mil euros en efectivo, e varios teléfonos de alta gama.

Logo de detelo e trasladalo a comisaría, comprobouse que tiña varios antecedentes policiais, algúns deles por tráfico de drogas. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo.

Salvemos La Gran Vía de Vigo: “Hai rúas de Vigo onde o saneamento deixa que desexar, e eses vigueses tamén pagan impostos”

Cidadáns vigueses, agrupados na plataforma Salvemos la Gran Vía de Vigo, concentráronse este xoves ao pé da estatua dos redeiros en contra da posible obra futura das ramplas de Gran Vía, que en calquera caso tardará en acometerse trala negativa de Patrimonio a este proxecto do Concello de Vigo.

“Non hai vigueses de primeira e de segunda. Hai rúas de Vigo onde o saneamento deixa que desear, e eses cidadáns tamén pagan impostos“, denuncia Ana García Román, voceira de Salvemos la Gran Vía de Vigo. Xa denunciara para este medio que o principal beneficiado pola rampla sería “un centro comercial privado, El Corte Inglés, en detrimento dos pequenos comercios da contorna”.

“A estatua dos redeiros, que queren eliminar para a obra, é unha alegoría da nosa xente do mar. E nin sequera dirixíronse persoalmente ao seu creador, Ramón Conde, para comunicarlle que ían cambiar o seu emplazamiento“, destaca Ana, mentres engade que “se o pobo máis pequeno de Pontevedra respecta o ditame de Patrimonio, por que non o vai facer Vigo, por ser máis grande?

Recoñece o relativo fracaso da xornada de hoxe xoves, a pesar da tranquilidade que lles proporciounou coñecer a postura de Patrimonio: “Un día porque fai calor, outro que chove, outro por Rajoy ou o que sexa, tras reunir case 5.000 firmas e unha plataforma con miles de membros, e concentrámonos tan poucos. Hai mouto activista de ordenador“.

No futuro, pensan en facer quedadas para informar aos vigueses, “que aínda non están enterados do que pode ocorrer na Gran Vía”, subliña. De tódolos xeito, García Román recoñece que están a tomalo con máis calma dende que Patrimonio freou o inicio das obras, que suporían eliminar a estatua dos redeiros, talar e trasplantar multitude de árbores e crear a devandita rampla.

 

Concentracion na Gran Via
Concentracion na Gran Via/Miguel Nuñez

A Ana e seus compañeiros recibiunos xa o PP e Marea de Vigo, tamén falaron con López-Chaves, delegado da Xunta en Vigo. Iso si, solicitaron unha xuntanza co alcalde da cidade, Abel Caballero, así como poder participar no pleno deste pasado mércores, e non recibiron resposta algunha.

“E si recibiron a outros que solicitaran máis tarde a súa participación”, denuncia García Román. “En Localia fartouse a dicir que o informe de Patrimonio non era vinculante, pero hai edificios catalogados á marxe esquerda e dereita dos redeiros, que son intocables. Patrimonio é un organismo que depende da Xunta, si, pero son técnicos profesionais, pola defensa do patrimonio cultural e arquitectónico”, subliña.

E engade: “Traballan para manter as cidades, que non chegue o alcalde de turno e decida tirar unha construción emblemática. Patrimonio negoulle xa o proxecto ao alcalde de Vigo, así que somos optimistas porque non pode empezar a obra, e ten dúas semanas para cambiar o seu proxecto”.

“El di que podemos perder os fondos europeos, pero ata o 2021 temos de prazo para utilizalos nesta ou outra iniciativa. Uns fondos que serían para a obra simplemente, no seu 80%, o mantemento corre a costa nosa, dos traballadores e traballadoras de Vigo, cos seus impostos“, conclúe.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed