InicioPolíticaDetidos en Vigo dous presuntos dirixentes de Resistencia Galega

Detidos en Vigo dous presuntos dirixentes de Resistencia Galega

Causa Galiza critica estes arrestos, que considera unha "nova montagem policial contra o independentismo organizado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado fixeron varios rexistros en vivendas de Galicia e arrestaron algúns destacados membros do independentismo galego aos que se lles asocia con Resistencia Galega.

A Cadena Ser informaba este domingo da detención este sábado pola tarde en Vigo de dous presuntos dirixentes da organización Resistencia Galega. En concreto, sinala a Antón García (alias Toninho) e Asunción Losada Camba. Sobre ambos os dous pesaba unha orde europea de detención e entrega. No momento da detención estaban acompañados por un presunto colaborador quen tamén resultou detido, segundo a Ser, ademais doutro segundo cooperante tamén arrestado.

Críase, por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que os detidos fuxiran a Portugal e mesmo foron buscados en Venezuela. Pero foron atopados e arrestados finalmente en Galicia. Aos dous se lles atribúe a fundación de Resistencia Galega como herdeira do Exercito Guerrilheiro de Povo Galego Ceive.

Tanto Asunción Losada como Antón García atopábanse, segundo a Xustiza española, fuxidos desde 2006, cando a Audiencia Nacional ordenou por primeira vez a súa detención, pouco despois da fundación oficial de Resistencia Galega.

Previamente, Causa Galiza remitiu este domingo a Galicia Confidencial unha mensaxe na que denunciaba a detención por parte da Garda Civil do militante independentista Miguel Garcia.

Na mensaxe, a formación independentista sinala que Garcia foi “detido em Vila Marim”. Tamén indica que axentes da Garda Civil procederon ao rexistro da súa casa.

Causa Galiza tamén denuncia que non sabe onde foi trasladado o seu militante: “Desconhece-se o seu paradeiro e o regime juridico sob o que se encontra”, din fontes desta formación.

En redes sociais, Causa Galiza tamén espallou a súa denuncia, onde comunicou que habería mobilizacións contra este arresto, que considera “umha nova montagem policial contra o independentismo organizado”.

Contra os detidos existen nove acusuacións que inclúen pertenza a organización terrorista en grao de dirixentes, tenencia ilícita de armas, transporte de explosivos e falsedade documental.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...