InicioSociedadeRegresa á vida Radio Celta 39 anos despois

Regresa á vida Radio Celta 39 anos despois

A asemblea xeral do Centro Galego de Barcelona aprobou por unanimidade, iniciar as xestións para recuperar a antiga emisora do centro, Radio Celta, como instrumento de difusión da cultura e lingua galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea xeral do Centro Galego de Barcelona aprobou, por unanimidade, iniciar as xestións para recuperar a antiga emisora do centro, Radio Celta, como instrumento de difusión da cultura e lingua galegas.

Creada en 1984 por iniciativa de Xosé Fernández Fernández, directivo do centro, Radio Celta funcionou ata xuño de 1985, en que foi pechada por non conseguir a preceptiva licenza.

A emisora emitía diariamente, desde as 8 da mañá ata a medianoite, unha programación continuada, a metade dela en lingua galega, e contaba para facela con 18 colaboradores permanentes.

Doutra banda, a asemblea, presidida por Carlos Mandianes, tamén acordou de forma unánime a creación de carnés de pvc dixitais para a identificación dos socios, no marco da política de modernización que está a impulsar o centro.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...