InicioPolíticaMarea de Vigo vencella o aumento de casos a unha actitude "irresponsable"...

Marea de Vigo vencella o aumento de casos a unha actitude “irresponsable” adoptada para “salvar o Nadal”

Asegura que levou a que o virus "se propagase máis"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, vinculou este martes o aumento de casos de coronavirus detectado na cidade olívica, onde os activos ascenden a 1.579, cunha actitude “irresponsable” adoptada para “salvar a (campaña de) Nadal”. Nunha rolda de prensa, o concelleiro lamentou que o panorama político de 2021 comezara “nun contexto malo” marcado por un aumento de contagios en Vigo, unha “tónica xeral” nos grandes municipios de Galicia.

Pérez relacionou esta situación cunha intención “bastante irresponsable” de “pretender salvar o Nadal” e “facer crer ao conxunto da poboación que facer chamadas a acudir a cabalgatas, espazos comerciais ou infraestruturas recentemente inauguradas non ía ter impacto sobre o nivel de contaxios”. Así, o portavoz de Marea de Vigo sinalou que, tras acudir a eses lugares, as persoas desprazáronse ás vivendas dos seus familiares nas datas sinaladas da tempada do Nadal, o que levou que o virus “se propagase máis”.

Ao seu xuízo, a terceira onda abre “unha situación de extrema incerteza e preocupación” para este ano na urbe olívica dado o peso do sector servizos, en concreto a hostalaría e o comercio, en “unha parte moi importante da súa economía”. Deste xeito, augurou que o impacto do incremento dos contagios na situación económica de Vigo “vai ser moi importante e impredicible”.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...