InicioPolíticaAbel Caballero non estará en presentacións oficiais dos candidatos a primarias do...

Abel Caballero non estará en presentacións oficiais dos candidatos a primarias do PSdeG: “O meu tempo é limitado”

Sinala que xa coñece "que van dicir" ambos os dous candidatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que non asistirá a presentacións oficiais dos dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso, por atoparse en “un momento moi atareado” en relación á súa axenda institucional. “O meu tempo é limitado”, resaltou.

Así se manifestou preguntado tras unha rolda de prensa celebrada en Vigo, onde precisamente este venres o actual xefe de filas dos socialistas galegos presentará a súa candidatura á reelección no marco do proceso de primarias do PSdeG.

O rexedor olívico explicou que “seguramente non vaia a asistir a ningunha (das presentacións) dos dous” candidatos. “O meu tempo é limitado e teño que levar adiante unha cidade”, xustificou Abel Caballero, que recalcou que, en todo caso, “xa coñece cal é a posición” de González Formoso e o actual secretario xeral do PSdeG e “que van dicir” nos actos previstos no marco da carreira polo liderado da formación a nivel autonómico.

“Eu coñezo aos dous candidatos e sei cal é a súa perspectiva política”, afirmou o alcalde, que considerou que acudir aos actos das súas candidaturas “non lle achegaría máis coñecemento do que xa ten”. Tras sinalar que non asistirá á presentación que realizará Gonzalo Caballero este venres na urbe olívica, apuntou que “seguramente” na que leve a cabo o actual presidente da Deputación da Coruña en Vigo “tampouco estará”. “En termos de cortesía estaría, pero cólleme nun momento atareado”, insistiu.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...