InicioDeportesO II Tríatlon Illas Estelas de Nigrán inicia este domingo o Circuíto...

O II Tríatlon Illas Estelas de Nigrán inicia este domingo o Circuíto Galego

PUBLICADO O

- Advertisement -

Mañá domingo 6 de maio celébrase en Nigrán o II Tríatlon Illas Estelas, que reunirá a máis de 230 deportistas nas dúas probas previstas. O Tríatlon Illas Estelas é a primeira proba do Circuíto Galego de Tríatlon do presente ano e, por tanto, é clasificatoria para o
Campionato Galego de Tríatlon.

A xornada comezará coa proba mini-sprint (10:00 horas), na que están inscritos máis de 60 deportistas que terán que realizar 300 metros de natación, 13 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

Na proba do circuíto masculina haberá dúas saídas. Ás 11:00 horas partirán os deportistas sen tempo de corte, mentres que a segunda (con tempo de corte) comezará ás 12:20 horas. Será unha proba moi disputada, con deportistas destacados coma Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol), Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Pablo Pedrosa (Tríatlon Ferrol) ou Jacobo Martínez (Tríatlon Poio), entre outros.

Na categoría feminina (12:30), Cristina Torres (Mar de Vigo) defende a vitoria do pasado ano, pero terá grandísimas rivais coma Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Mónica Alarcón (NoSportLimit) ou Marta Barbeito (Náutico de Narón), entre outras. As e os máis de 170 participantes inscritos realizarán 750 metros de natación dende a praia de Panxón, 19,5 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán instaladas na praia de Panxón.

O Circuíto Galego de Tríatlon está formado por cinco probas: Tríatlon Illas Estelas, Tríatlon Cidade de Pontevedra, Tríatlon Concello de Poio, Tríatlon do Miño e Tríatlon Concello de Arteixo.

En 2017, Cristina Torres (Mar de Vigo) e César Otero (Olímpico de Vedra) proclamáronse vencedores do I Tríatlon Illas Estelas, que reuniu a un total de 340 deportistas.

copa do mundo de paratríatlon

Ademais, o domingo 6 de maio (08:00 horas) celebrarase a Copa do Mundo de Paratríatlon de Águilas, na que participará a viguesa Susana Rodríguez Gacio (Mar de Vigo) na proba
PTVI (para deportistas con discapacidade visual).

Será a primeira proba importante da tempada para a galega, que ata agora só competira no Dúatlon Concello de Riveira. Será unha boa oportunidade para probar coa súa nova guía, Paula García Godino, coa que aínda leva moi pouca preparación para adaptarse unha a outra, algo fundamental no paratríatlon. A próxima semana desprazaranse ata
Yokohama, onde disputará a primeira proba das Series Mundiais.

ÚLTIMAS

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...