InicioMovementos SociaisOs veciños de Teis esixen a creación de prazas de estacionamento

Os veciños de Teis esixen a creación de prazas de estacionamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde a Asociación Veciñal de Teis consideran que en Teis desde hai anos sufren un problema grave de falta de prazas de estacionamento.

“O pasado mes de xullo de 2018, esta Asociación xa denunciamos que o proxecto humanización do encontro da rúa Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, coa creación dunha nova praza, suporía a eliminación de prazas de estacionamento na zona e agravaría o problema da falta de estacionamento en Teis”, subliñan.

“O goberno municipal, só elimina prazas, pero non se planifica solucións, como crear novas zonas de aparcamento ou a construción dun estacionamento soterrado”, aseguran: “A Asociación Veciñal de Teis, diante da falta de solucións por parte do goberno municipal o pasado mes de xaneiro, solicitamos por escrito que se acondicionara o entorno da piscina e se creara unha nova area de estacionamento”.

Desde a Asociación Veciñal de Teis consideran urxente crear varias zonas de estacionamento de xeito inmediato, como paso previo a construción dun estacionamento soterrado, como existen noutros barrios de Vigo, como o Calvario ou Coia.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...