InicioSociedadeFoanpas denuncia "carencias de profesorado" e "caos" no transporte escolar neste inicio...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) denunciou "carencias de profesorado" e "caos" no transporte escolar neste inicio de curso, insistindo tamén na necesidade de melloras nos centros educativos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo (Foanpas) denunciou “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso, ao tempo que insistiu na necesidade de melloras nos centros educativos. Nunha rolda de prensa, nais e pais de alumnado criticaron que “non é algo novo”, xa que cada curso se repiten estes problemas, que se dan na maioría dos centros da cidade.

En concreto, algúns colexios solicitaron persoal coidador para alumnado con necesidades específicas, mentres outros pediron máis persoal especialista, entre outras moitas reivindicacións de cada colexio. Ademais, repetiuse a incidencia no transporte escolar nos centros, segundo apuntan desde Foanpas, con modificacións de horarios e paradas sen avisar nin aos centros nin ás familias, lamentan. “Os edificios dos centros educativos teñen, na súa maioría, moitos anos. Isto pasa factura e faise necesario facer obras de acondicionamento no illamento dos edificios, baños modernos e adaptados, retirada de amianto…”, insistiron desde a asociación.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...