InicioSociedadeAs mulleres, minoría nos postos directivos das empresas galegas e maioría nos...

As mulleres, minoría nos postos directivos das empresas galegas e maioría nos contratos temporais

A Zona Franca presenta o Ardán, un novo indicador para medir o nivel de igualdade das empresas de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo realizado pola Zona Franca sobre a igualdade de xénero nas empresas galegas evidencia que en Galicia a presenza de mulleres nos postos de alto nivel nas empresas está moi lonxe dunha proporción equilibrada; que as mulleres son maioría nos contratos temporais contra os de carácter indefinido e que, en tramos salariais, a fenda entre homes e mulleres aumenta considerablemente a medida que aumenta o salario.

Este demoledor panorama, baseado nun novo indicador realizado polo servizo de información ARDÁN, é o que este mertes presentou David Regades na apertura do III Congreso Empresarias de Galicia.

Como explicou o Delegado, o facer públicos estes datos, elaborados cun grupo de traballo da Universidade de Vigo, ten dous obxectivos. Por unha banda, ofrecer unha instantánea da realidade empresarial, e doutra banda facilitar ás empresas un instrumento que lles permita medirse para mellorar.

“Soamente coñecendo a situación actual das empresas galegas en canto ao establecemento de igualdade de oportunidades, dereitos e responsabilidades para homes e mulleres no ámbito laboral, poderemos avanzar no camiño da igualdade” dixo Regades.

Tamén engadiu que “por iso presento este estudo hoxe aquí, porque este congreso é o foro máis adecuado, porque son datos moi útiles para esa transformación que estades a impulsar vós, as mulleres empresarias”.

Zona Franca

Este novo indicador ARDÁN mide tres dimensións distintas en cada empresa que se estuda: igualdade por funcións, igualdade por retribucións e o establecemento de políticas ou actuacións en prol da equidade de xénero.

En base a estes parámetros, cada empresa obtén unha puntuación entre 0 e 1.000. Un dato esperanzador é que, ao realizar o estudo, viuse que en Galicia existen empresas que se preocupan por levar a cabo políticas de igualdade, independentemente do sector no que operan, do tamaño que teñen ou de onde estean situadas. Estas son o 7% das empresas enquisadas ás que este ano ARDÁN concede o indicador de “Empresa Igual en Xénero”.

Como se ve no estudo realizado sobre a enquisa sobre Igualdade de Xénero nas empresas galegas, para o “ARDÁN Galicia 2018” existe unha penalización na presenza de mulleres nos postos de alto nivel nas empresas. A porcentaxe de mulleres nos equipos directivos é do 24%, en mandos intermedios do 29% e do 30% no resto do persoal.

ARDÁN tamén revela que o peso do xénero feminino é maior nos tipos de contratos temporais que nos de carácter indefinido. Existe unha brecha de 4 puntos porcentuais.

Zona Franca

Quizais, un dos gráficos máis impactantes sexa o que reflicte a distribución por tramos salariais e que presenta unha brecha considerable entre homes e mulleres. Como se ve a continuación, en tramos salariais baixos, a presenza de traballadoras é do 75%. A medida que se incrementan os salarios, esta presenza vai diminuíndo paulatinamente ata apenas representar o 13% de mulleres en soldos superiores a 45.000 euros anuais.

Zona Franca

No informe determínase tamén o custo de “non igualdade” para o que se mide a perda ou ganancia salarial das mulleres que traballan nunha empresa. Isto establécese en relación ao salario medio da devandita empresa. Por tanto, neste aspecto, o que se valora é o custo en euros da falta de equilibrio por tramos salariais nun persoal.

Baixo unha óptica provincial, a análise do Índice de igualdade de Xénero revela que as empresas domiciliadas na provincia de Ourense obteñen, máis ou menos, a puntuación máis destacada (494 puntos), seguidas das empresas domiciliadas en Pontevedra (448 puntos), A Coruña (397 puntos) e Lugo (358 puntos). A partir destes datos media desagregados para as catro provincias elaborouse o mapa galego de igualdade de xénero no traballo que se ve a continuación.

Zona Franca

ÚLTIMAS

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven un sistema con IA que predí a calidade do aire en 3D

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e...

A concelleira de Seguridade de Vigo declara como investigada polo accidente mortal do Saltamontes: “Dei as oportunas aclaracións”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez Calviño, compareceu este martes...

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...