InicioSociedadeO goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde da cidade incide en que, aprobado o marco, xa poderá comezar a elaborar os orzamentos de 2025.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco orzamentario para os anos 2025, 2026 e 2027, nos que prevé investimentos por valor de 33 millóns de media en cada exercicio. Nun audio remitido aos medios de comunicación, o rexedor reivindicou que o Concello olívico “sempre está en tempo e prazo”, polo que tras aprobar o marco orzamentario xa poderá comezar a elaborar os orzamentos de 2025.

Tal como dixo Caballero, Vigo volverá cumprir “todas as regras fiscais”. El avanzou que se investirán 33 millóns de euros ao ano e que se destinarán uns 164 millóns ao mantemento dos servizos públicos cada exercicio.

Caballero destacou a súa xestión, xa que Vigo conta con “débeda cero”, a pesar de que segue destinando recursos para realizar humanizacións, zonas verdes ou ascensores, entre outros.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...