InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Mos non enviou documentación necesaria á Confederación Hidrográfica sobre...

O Concello de Mos non enviou documentación necesaria á Confederación Hidrográfica sobre as obras da cidade do Celta

O organismo dependente do Ministerio de Agricultura subliña a falta de información sobre como se recollerían as augas residuais que se xerarían nas instalacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) emitiu un informe desfavorable sobre as instalacións que o Real Club Celta de Vigo abriu no Concello de Mos. O documento da Confederación recolle a intención de construír unha serie de infraestruturas propiedade da entidade deportiva realizadas en chan rústico.

O Concello de Mos pedira un informe á CHMS para levar adiante as obras. Dito informe daría o visto bo ou desfavorable segundo a lexislación vixente en materia de recursos hídricos.

Non obstante, a propia Confederación reporta no seu informe do 25 de novembro de 2020 que pediu ao consistorio de Mos unha serie de documentos relativos aos recursos hídricos da zona. Nesa mesma petición a CHMS solicitaba tamén información sobre a capacidade de recollida de augas residuais nas instalacións deportivas.

Os documentos solicitados pola CHMS non foron enviados segundo di o escrito emitido desde a mesma. Desta maneira, a Confederación Hidrográfica emitiu un informe desfavorable en relación ás obras e construción da cidade deportiva do Celta en Mos.

En tal caso, se o concello mosense solicitase novos informes ao organismo hidrográfico, deberá aportar toda a documentación requerida polo mesmo, tal e como lle indican desde a consellería técnica da Confederación Hidrográfica.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...