InicioDeportes(vídeo) Así son os comezos da 'megacidade' do Celta de Vigo

(vídeo) Así son os comezos da ‘megacidade’ do Celta de Vigo

O proxecto segue baixo críticas. Está aceptada a construcción dos campos, pero non aínda a das grandes infraestructuras, que precisan informes favorables das consellerías, como a de Medio Ambiente.

PUBLICADO O

O proxecto da nova cidade deportiva do RC Celta de Vigo xa está en marcha. Será no municipio de Mos, tras obter a licencia da parroquia de Pereiras. O 30 de novembro a sociedade anónima e o Concello -gobernado polo PP- fixeran un acto simbólico “poñendo a primeira pedra” da obra. “O soño faise realidade” foi o lema que se acordou para a data histórica do club con 96 años de historia.

A nova cidade afectará a un total de 864.000 metros cadrados. Ademais, terá oito terreos de xogo -catro naturais e catro artificiais-, zona de tecnificación, zona de praia para rehabilitación, estadio con capacidade mínima para 4.000 espectadores, pistas de pádel e tenis, piscina, residencia, cafetería-restaurante, tenda do club, universidade do deporte, pabellón deportivo multiusos e ximnasios.

O obxectivo é que para a próxima tempada o primeiro equipo e o Celta B abandonen as instalacións deportivas de A Madroa para trasladarse a Mos. O metro cadrado do chan, custará 1,5 euros. O custe total da operación, segundo un estudio económico financiero da modificación puntual do PXOM de Mos, será de 62.882.621 euros. Hai 13,9 millóns de euros preparados polo posible caso da expropiación dos terreos -que son de propiedade comunal- e as eventuais indemnizacións que poida haber.

O proxecto estivo suxeito a críticas desde a súa proposta, xa que o centro comercial que se quere facer na cidade ocupa 120.000 metros cadrados, pertencentes ao monte. Así, a ‘megacidade‘ tivo obxecións por parte do Concello de Vigo, por departamentos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, quen consideran “que non ten en conta o impacto sobre a zona e no medio ambiente”.

No seu día o Instituto de Estudios del Territorio da Xunta defendeu que “pode provocar efectos paisaxísticos significativos” e pediu estudar “localizacións alternativas que xeren unha incidencia visual menor” e cuestionouse “a necesidade de implantar un centro comercial”. Pese a isto, Xornal de Vigo achegouse á zona das obras, que xa comezaron. Podes velo no seguinte vídeo:

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...