InicioVigo e contornaMosA Xunta lávase as mans na decisión do IES de Mos de...

A Xunta lávase as mans na decisión do IES de Mos de prohibir o Entroido

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Educación quixo evitar entrar na polémica sobre a polémica circular do IES de Mos de ameazar con sancións aos estudantes que este venres vaian disfrazados ás aulas. Unha situación que provocou o rexeitamento por parte de nais e estudantes.

Á noticia, que adianto este xoves Xornal de Vigo, non quixo reaccionar a Xunta alegando que “é unha cuestión interna do centro”. Con todo, a dirección do centro negouse a explicar os motivos desta polémica circular tras poñerse en contacto con eles este medio.

A dirección celebrou na noite deste xoves unha xuntanza coa Anpa na que explicou que os motivos para prohibir esta celebración teñen que ver coas desordes e o vandalismo que tiveron lugar na anterior festa organizada polo centro, durante o Nadal, na que se produciron algúns destrozos.

Por iso, e ante o silencio do estudantado e para evitar que tamén no Entroido tiveran lugar altercados ou destrozos, a dirección decidiu clausurar todo tipo de festas. Unha medida que rexeitaron moitos pais e estudantes que denunciaron nas redes sociais, e tamén en declaracións a Xornal de Vigo, que non poden pagar “xustos por pecadores” con medidas que semellan “da época de Franco”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...