InicioSociedadePoñen en liberdade ao detido por tentar atropelar á súa exparella o...

Poñen en liberdade ao detido por tentar atropelar á súa exparella o pasado xoves en Zamáns

A maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou a súa posta en liberdade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou a posta en liberdade do home detido este pasado xoves por presuntamente tentar atropelar á súa exparella na parrroquia olívica de Zamáns.

Segundo fontes xudiciais, ao home impúxoselle unha orde de protección respecto da muller e aos fillos desta, que inclúe a prohibición de comunicrse e de aproximarse a eles.

O home está investigado por un intento de homicidio despois de que tentase atropelar á súa exparella este xoves en Zamáns.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o acusado acabaría estrelando o seu coche contra a casa da vítima, sen que ninguén resultase ferido.

Por todo iso, foi detido, pasando este venres a disposición xudicial nos tribunais de Vigo, que decretaron a súa posta en liberdade a pesar de estar investigado por intento de homicidio.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...