InicioSociedadeVigo, unha das cidades máis chuviosas do Estado

Vigo, unha das cidades máis chuviosas do Estado

Foi na última penultima semana de este mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, Santiago e A Coruña foron os puntos de todo o Estado con máis precipitacións durante a penúltima semana do ano, no que a metade oeste de Galicia rexistrou choivas por encima dos 100 litros por metro cadrado.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, as cantidades máis destacadas que mesmo superaron os 100 litros por metro cadrado contabilizáronse na metade oeste de Galicia, onde se alcanzaron puntualmente os 150 litros por metro cadrado nas provincias da Coruña e Pontevedra.

En concreto, a AEMET destaca as cantidades recollidas en Vigo-Peinador, con 146 litros por metro cadrado; 131 litros por metro cadrado en Santiago de Compostela-Lavacolla; 103 litros por metro cadrado en Pontevedra; 100 litros por metro cadrado na Coruña; 57 litros por metro cadrado en Lugo-Rozas e 33 litros por metro cadrado no aeroporto de Palma.

As choivas acumuladas no conxunto de España desde que comezou o ano hidrolóxico, o 1 de outubro, ata o 27 de decembro chegaron a 226 litros por metro cadrado, o que representa un 1 por cento por encima do normal, que son 224 litros por metro cadrado, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...