InicioPolíticaPetición do Senado ao Goberno para incluír a fábrica Stellantis na planificación...

Petición do Senado ao Goberno para incluír a fábrica Stellantis na planificación 2021-2026 de alta tensión

A moción saíu adiante con 14 votos a favor e 14 abstencións, as do PSOE e ERC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión de Industria, Comercio e Turismo aprobou este mércores unha iniciativa do PP que insta o Goberno a incluír na nova planificación 2021-2026 a subestación de alta tensión para a fábrica Stellantis de Vigo.

A moción saíu adiante con 14 votos a favor e 14 abstencións, as do PSOE e ERC. O encargado de defender a iniciativa, o senador galego Javier Guerra, lamentou que a cidade de Vigo “quedou excluída do acceso á alta tensión na planificación de redes eléctricas ata o ano 2026”.

Por iso, finalmente a Cámara Alta fixo seu o texto presentado polo PP que esixe ao Goberno a solicitude da inclusión en Planificación da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica das actuacións de Pazos de Borbén-Novo Vigo; Atios-Novo Vigo; Atios-Pazos de Borbén e Novo Vigo.

Stellantis está a dicirnos que necesita xa a moi alta tensión e que a vai a necesitar aínda máis. Desatender esta advertencia é unha enorme irresponsabilidade”, proclamou o senador galego.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...