InicioSucesosInterceptado en Vigo un home ao que lle constaba unha orde de...

Interceptado en Vigo un home ao que lle constaba unha orde de detención emitida por un xulgado da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local interceptou na mañá deste martes na rúa Arenal a C.A.V.V., de Colombia e 41 anos de idade, sobre o que constaba unha orde de detención emitida por un xulgado da cidade.

Foi unha patrulla que realizaba labores de control e vixilancia en materia de Seguridade Cidadá a que procedeu á identificación do home. Tras realizar o cotexo e a verificación dos seus datos pescudaron que constaba sobre el unha orde de detención e presentación emitida polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo.

Por iso, procedeuse á súa inmediata detención, en cumprimento do mandato xudicial, pasando a disposición do órgano competente.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...