InicioEconomíaStellantis Vigo volve parar a partir de luns a produción de furgonetas

Stellantis Vigo volve parar a partir de luns a produción de furgonetas

Sofre "diversas alteracións na entrega de pezas", segundo anunciou este xoves a firma a sindicatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar a partir do luns a produción de furgonetas das súas diferentes marcas debido ás “diversas alteracións na entrega de pezas”, segundo anunciou este xoves a firma a sindicatos.

En concreto, o Sistema 2 da fábrica parará a partir deste venres, polo que non operará a semana que vén. Nel móntanse as furgonetas de marcas como Citroën, Peugeot, Opel, Toyota ou Fiat. Ademais, cancelouse tamén a actividade da quenda de tarde deste venres no taller Ferraje do K9 (nome industrial que reciben as furgonetas), para así “adecuar os encursos ás condicións de peche”.

Pola súa banda, o Sistema 1 tamén sufrirá unha parada dun día, renovando a súa actividade a partir do martes, 5 de abril, aínda sen determinar en que quenda. Nesta liña de produción ensámblanse o Citroën C-Elysée e os Peugeot 301 e 2008. Stellantis renovou este pasado martes a súa produción despois de levar varias semanas coas súas liñas paradas debido á situación de escaseza de compoñentes.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...