InicioSociedadeAbel Caballero a Feijóo, irase de Galicia "deixando a deber" o hospital...

Abel Caballero a Feijóo, irase de Galicia “deixando a deber” o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Segundo os seus cálculos, a Xunta pagou ata agora 400 millóns, pero restan outros "900 millóns por pagar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse este venres ás palabras de Núñez Feijóo, durante a súa campaña para a presidencia do PP nacional, sobre os políticos que inauguran hospitais e, en lugar de deixalos pagos, déixanos “a deber”, e lembrou que iso é exactamente o que fixo o presidente da Xunta co hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.

Nunha rolda de prensa, o rexedor reproduciu un vídeo no que se escoita a Feijóo facer facer esas manifestacións e dicir que os políticos que fai iso deben irse e, a continuación preguntou o alcalde: “E agora que?”.

Así, Caballero lembrou que o presidente da Xunta elixiu un modelo concesional para construír o centro sanitario en Vigo, aínda que non o fixo noutras cidades, e que iso supuxo incrementar o seu custo. Segundo sinalou, a administración autonómica paga á concesión un canon anual de 70 millóns de euros.

Segundo os seus cálculos, a Xunta pagou ata agora 400 millóns, pero restan outros “900 millóns por pagar”. “Se alguén fixo un hospital e deixouno a deber ese foi Feijóo, a que espera para irse da política? Non o digo eu, é o que di el, que quen faga iso ten que irse”, sentenciou Caballero, quen incidiu en que o presidente autonómico irase de Galicia (cando deixe a Xunta para centrarse no PP nacional) deixando a deber o hospital vigués.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...