InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo un home portugués que tiña prohibida a entrada no...

Detido en Vigo un home portugués que tiña prohibida a entrada no Estado español

Foi interceptado nun control rutinario de tráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este martes na cidade olívica a un home de nacionalidade portuguesa ao cal lle constaba unha orde de prohibición de entrada a territorio nacional. Tal como informou o corpo de seguridade, foi sobre as 18,15 horas cando os funcionarios deron o alto a un vehículo mentres se atopaban realizando labores de vixilancia e control en materia de seguridade viaria.

O condutor resultou ser J.N.A., de Portugal e 57 anos de idade. Tras a realización dunha verificación telemática dos seus datos, tívose coñecemento de que constaba sobre el unha orde en vigor de prohibición de entrada ao territorio nacional emitida polo SIS Señalamiento e identificación Schenge. Por iso, se procedeu á súa detención en atención ao quebrantamento da mesma.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...