InicioVigo e contornaVigoAlfonso Rueda non se molla coas primarias do PP de Vigo

Alfonso Rueda non se molla coas primarias do PP de Vigo

Recoñece que teñen "moito terreo que recuperar" na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, referiuse este xoves ao próximo congreso do PP de Vigo e manifestou o seu desexo de que da cita “saiga unha dirección do Partido Popular en Vigo que durante os próximos anos pilote o que ten que ser o rexurdimento do partido desde a unidade”.

Alfonso Rueda lembrou que na cidade de Vigo os populares teñen “moito terreo que recuperar”. O PP vigués leva dous anos e medio cunha dirección provisional, despois do desastre electoral dos últimos comicios que levou a Elena Muñoz a dimitir e ao partido a conformar unha xestora presidida por Corina Porro.

Ao congreso local deste fin de semana preséntanse dúas candidaturas: a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o exconselleiro Javier Guerra. Alfonso Rueda confía nese “rexurdimento” da formación. “Temos magníficas persoas no Partido Popular de Vigo para facerse cargo, gañe quen gañe, desa tarefa”, aseverou, evitando referir os sucesos vencellados á suposta afiliación masiva de militantes con cargo á conta bancaria de Guerra.

O presidente provincial do PP espera que “todas as persoas que están acreditadas para poder votar exerzan o seu dereito ao voto e que sexa un Congreso que se desenvolva con normalidade, que seguro que si” pero, fundamentalmente, desexa que a cita do próximo 18 de decembro “sexa útil sobre todo a partir do día seguinte” da man da persoa que lidere aos populares vigueses polo próximos catro anos.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...