InicioSucesosDesaloxados dunha festa 9 mozos que estaban sen máscaras e sen respectar...

Desaloxados dunha festa 9 mozos que estaban sen máscaras e sen respectar distancias

Unha vez no lugar, os axentes percibiron, desde a rúa, o elevado volume da música que saía do local, así como voces nun ton alto procedentes dun grupo de persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou denuncias contra 9 mozos, de entre 17 e 21 anos de idade, que foron identificados por participar de madrugada nunha festa que se celebraba no baixo dun edificio.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 3,30 horas, cando varios veciños chamaron ao 092 para alertar de que se estaba celebrando unha festa nun baixo da Avenida de Castrelos, e o ruído non permitía o descanso.

Unha vez no lugar, os axentes percibiron, desde a rúa, o elevado volume da música que saía do local, así como voces nun ton alto procedentes dun grupo de persoas.

Os axentes observaron que un mozo e unha moza saíron do baixo e, ao facelo, deixaron a porta aberta, polo que os policías puideron comprobar que había un grupo de mozos dentro.

Os policías desaloxaron a festa e identificaron os participantes, en total nove novos de entre 17 e 21 anos de idade, a maioría dos cales non portaba máscara e non respectaban as distancias de seguridade, ademais de non ser convivientes. Todos eles foron propostos para sanción por infrinxir a normativa antiCOVID.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...