InicioEconomíaArmadores de Vigo volven pedir un IVE "superreducido" para o peixe

Armadores de Vigo volven pedir un IVE “superreducido” para o peixe

O consumo deste alimento básico é "sinónimo de investimento en saúde", argumentan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, ARVI, reiterou este mércores a súa demanda de que o peixe teña un IVE “superreducido” do 4 por cento, do mesmo xeito que outros alimentos considerados básicos, e subliñou que o complexo mar-industria foi un “alicerce fundamental” da cadea de subministración á poboación durante a pandemia de coronavirus.

Desde o inicio desta pandemia, subliñou ARVI, o sector demostrou o seu “compromiso” garantindo esa subministración e que os consumidores puidesen dispor dun produto que “contribúe significativamente a garantir a saúde dos cidadáns”.

Por todo iso, os armadores, que xa o pediron hai un ano, volveron a solicitar que se aplique un IVE reducido ao peixe, algo “oportuno” na actual situación de crise provocada por esa pandemia do COVID.

Segundo defendeu, o consumo de peixe é “sinónimo de investimento en saúde”, e reducir o IVE “mellorará a posibilidade de adquisición dun produto esencial”. Elevar o consumo de peixe, engadiron os armadores, potenciará as condicións de saúde da poboación e, “indirectamente, lograrase unha redución do gasto sanitario futuro”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...