InicioPolíticaO BNG ve a xestora de Corina Porro como un "retorno ao...

O BNG ve a xestora de Corina Porro como un “retorno ao pasado” do PP

O BNG advertiu de que os 'populares' "non entenderon a mensaxe" que a cidadanía lles enviou o pasado 26 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG cualificou como un “retorno ao pasado” a constitución dunha xestora no PP coa exalcaldesa Corina Porro á fronte, e advertiu de que os ‘populares’ “non entenderon a mensaxe” que a cidadanía lles enviou o pasado 26 de maio, nunhas eleccións municipais nas que pasaron de 7 a 4 concelleiros.

O concelleiro electo do BNG, Xabier Pérez Igrexas, sinalou, “sen ánimo de entrometerse na vida interna dun partido”, que “é evidente” que o PP non entendeu a mensaxe enviada polos vigueses, dos que o 80 por cento “optaron por unha papeleta diferente á do PP”.

Así, tras constatar que o PP “perdeu dous de cada tres votos”, criticou que a súa “única reacción” foi “optar por un cambio de caras, incluso alterando a lista electoral que someteran ao escrutinio” dos cidadáns e, cunha xestora que é “un claro retorno ao pasado, co regreso nada menos que de Corina Porro”.

Segundo o edil electo da formación nacionalista, “o que expresou con rotundidade Vigo é que o PP ten que rectificar as políticas antisociais, antigalegas e de abandono da cidade“, e expuxo que ese “cambio de rumbo” pode empezar, por exemplo, por dotar a Bouzas dun “centro de saúde dimensionado”, por construír un IES no barrio de Navia, ou por “deixar de recortar en sanidade pública”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...