InicioSucesosDeteñen un mozo en Vigo por ir sen casco nun patinete, falando...

Deteñen un mozo en Vigo por ir sen casco nun patinete, falando polo móbil e agredir a un axente

O aludido, ao decatarse da presencial policial, baixouse do vehículo e dirixiuse a un local da rúa Urzaiz

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, S.F.C. de 24 anos de idade, foi detido en Vigo na tarde deste pasado mércores por circular cun patinete eléctrico sen casco nin chaleco reflector e falando por teléfono móbil e agredir a un axente que lle deu o alto.

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 20.40 horas, cando unha patrulla observou a un home circulando pola rúa Príncipe (peonil) manexando un patinete facendo zig-zag entre os viandantes, sen facer uso de casco nin chaleco pero si do seu teléfono móbil.

O aludido, ao decatarse da presencial policial, baixou do vehículo e dirixiuse a un local da rúa Urzaiz. Así, os axentes trataron de identificalo, solicitándolle que finalizase a chamada. Con todo, o home fixo caso omiso, chegando a tratar de escapar co seu patinete.

A pesar diso, un dos actuantes logrou alcanzalo, recibindo unha cotenada por parte do novo, producíndose unha lea e acabando co home detido pola suposta comisión dun delito de atentado.

Tras identificalo e tramitar as correspondentes multas, decatáronse de que tampouco posuía seguro de responsabilidade civil obrigatorio.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...