InicioVigo e contornaVigoBNG de Vigo denuncia que o goberno loca tramita "ás agachadas" o...

BNG de Vigo denuncia que o goberno loca tramita “ás agachadas” o reequilibrio da concesión de bus

O grupo municipal do PP tamén esixiu ao alcalde que "sente ás partes" e que o Concello actúe como "mediador" neste conflito, que se prolonga desde fai tres anos, agravado no últimos tres meses pola folga indefinida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo denunciou este mércores que o goberno municipal presidido por Abel Caballero está a tramitar “ás agachadas” o reequilibrio económico da concesión do bus urbano, que ostenta a empresa Vitrasa.

O portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, criticou que o goberno local utilizou a suposta falta dun informe da Oficina Nacional de Avaliación para xustificar que a oposición non podía acceder ao expediente do reequilibrio da concesión, porque dito expediente estaba sen concluír.

Tras coñecerse que a Oficina Nacional de Avaliación non fixo ese informe, nin ten obrigación de facelo, Pérez Igrexas constatou que foi unha “coartada” do goberno vigués para negarlle información aos grupos da oposición de maneira “ilegal”.

Por iso, o BNG esixiu “transparencia” neste procedemento, que o goberno local “da cara”, e lamentou que o goberno de Caballero está a tramitar “con hermetismo e opacidade” ese expediente de reequilibrio, sen desvelar de canto vai ser a compensación que se pague a Vitrasa, a pesar de que haberá que facer unha modificación orzamentaria para abonala.

Así mesmo, Pérez Igrexas avanzou que, en todo caso, o importe será “menos da metade” dos 31 millóns que reclama a concesionaria.

O portavoz nacionalista censurou que o propio alcalde presentou fai tres meses ese reequilibrio como a solución ao conflito, instando o comité a desconvocar a folga indefinida no servizo de bus urbano, cando en realidade “todo apunta a que non vai resolver nada, máis aló de engordar cuns cuantos millóns de euros máis os petos da empresa concesionaria”.

Finalmente, Pérez Igrexas volveu a reclamar a Abel Caballero que actúe, despois de que, nas últimas horas, a empresa dese por rotas as negociacións co comité, e urxiulle a convocar ás partes para retomar unha “verdadeira negociación”. Así mesmo, lamentou a “complicidade” do goberno local con Vitrasa, a pesar dos “incumprimentos” do prego de concesión por parte da empresa.

GRUPO MUNICIPAL DO PP

Mentres, o grupo municipal do PP tamén esixiu ao alcalde que “sente ás partes” e que o Concello actúe como “mediador” neste conflito, que se prolonga desde fai tres anos, agravado no últimos tres meses pola folga indefinida.

O concelleiro Miguel Martín sinalou que Abel Caballero “non pode seguir escondéndose máis” e sen exercer as súas competencias como primeira autoridade da administración titular do servizo público de bus urbano.

Así mesmo, afeou ao rexedor que non fixese público nin facilitado á oposición o expediente do reequilibrio, tras coñecerse que non é preceptivo o informe da Oficina Nacional de Avaliación e tras as “advertencias” da Valedora do Pobo.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...