InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminado un punto de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares

Eliminado un punto de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais urbanas sen depurar cara ao río Lagares na parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo.

Segundo detallou a Xunta, este foco foi identificado o marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertedura levados a cabo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, dando seguimento á denuncia notificada ao servizo de Emerxencias do 112.

Así, os técnicos do departamento autonómico identificaron a orixe do punto de vertedura nun colector da rede municipal de saneamento, no lugar de Salgueira. Ante a deficiencia observada, o persoal de Augas de Galicia comunicou aos técnicos municipais e á empresa concesionaria dos servizos de saneamento do Concello de Vigo, a necesidade de adoptar as actuacións oportunas para emendar a achega contaminante ao dominio público hidráulico.

Agora, nunha recente inspección á zona, os técnicos de Augas de Galicia confirmaron, mediante a revisión da rede de saneamento con trazador fluorescente, que as actuacións realizadas no colector de saneamento municipal permitiron a emenda do foco.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...