InicioSociedadeDavid Bisbal agarda volver encher Castrelos o 15 de xullo

David Bisbal agarda volver encher Castrelos o 15 de xullo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante almeriense David Bisbal actuará o próximo 15 de xullo no auditorio de Castrelos de Vigo. Un concerto que se enmarca dentro das festas da cidade deste verán.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación, onde lembrou que Bisbal xa encheu Castrelos “de forma total e absoluta” en 2019.

O cantante, coñecido tras o seu paso pola primeira edición de Operación Triunfo (onde quedou en segundo lugar), presentará en Vigo o seu novo espectáculo ‘Siento vivo Tour 2023‘, onde cantará novos temas e tamén os seus grandes éxitos tras 20 anos de carreira.

Caballero puxo en valor a Bisbal como un artista de proxección internacional que interpreta cancións de todo tipo como pop, pop latino, bachata ou baladas.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...