InicioSociedadeMáis de 400 profesionais asisten en Vigo ao V Simposio Nacional de...

Máis de 400 profesionais asisten en Vigo ao V Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión

Abordarán novas formas de xestión e tratamento do cancro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acolle a partir deste xoves o V Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión, onde se tratarán novas formas de xestión no diagnóstico e tratamento do cancro.

Tal como informou a súa organización, este ano o foro alcanza a súa quinta edición converténdose nun “punto de encontro” de profesionais deste ámbito sanitario, onde se exporá unha revisión actualizada dos estudos máis relevantes na materia.

O simposio terá lugar na sede de Afundación de Vigo, onde máis de 400 profesionais acudirán á cita (contando os presenciais e os que visionarán as sesións en diferido), que contará cuns 40 relatores.

Coordinado polos doutores Sergio Vázquez (Hospital Universitario Lucus Augusti), Joaquín Casal e Martín Lázaro (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo), o evento permitirá tamén coñecer os avances en oncoloxía de precisión a nivel molecular e clínico que se produciron ao longo de 2022.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...