InicioSociedadeO BNG de Vigo urxe ao Concello que retire a iluminación de...

O BNG de Vigo urxe ao Concello que retire a iluminación de Nadal das árbores

O partido reiterou que estas instalacións vulneran, ao seu xuízo, as prohibicións da ordenanza municipal de medio ambiente do propio Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) urxiu ao goberno local de Vigo que retire a iluminación de Nadal que continúa instalado nas árbores de diferentes puntos da cidade, como na Alameda, en Colón ou en Rosalía de Castro.

Nun comunicado, o partido reiterou que estas instalacións vulneran, ao seu xuízo, as prohibicións da ordenanza municipal de medio ambiente do propio Concello. Así, o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Iglesias, criticou que cando se vai a cumprir un mes do apagado, as luces continúan colgadas de numerosas árbores da urbe olívica, unha situación “intolerable e inxustificable”.

O BNG leva anos denunciando esta instalación de luces en árbores naturais. “A piques de acender o entroido, o alcalde, Abel Caballero, continúa estrangulando as árbores da cidade”, lamentou Iglesias.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...