InicioVal MiñorNigránLocalizan con vida á veciña de Nigrán desaparecida logo de deixar...

Localizan con vida á veciña de Nigrán desaparecida logo de deixar unha mensaxe de despedida en redes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policia e Garda Civil buscaban dende onte á tarde a Bibiana Fernández, veciña de Mañufe (Nigrán) logo de que familiares e amigos non desen contactado contactado con ela, logo de non acudir á casa do pai e principalmente logo de deixar un vídeo e unha mensaxe de despedida contando a súa doenza mental e o sucedido na sua vida nos últimos anos.

O contido da mensaxe activou a alarma ante a posibilidade real de autolesión ou suicidio.

As 13:30h deste sábado era localizada pola policía local de O Grove avisando de que fora atopada consciente pero nun estado depresivo en sen capacidade de fala polo que foi trasladada en ambulancia ao centro médico de O Grove

Teléfono 024 prevención suicidio.

Se tes problemas chama ao 024

A liña 024 non pretende substituír nin ser unha alternativa á consulta presencial cun profesional sanitario cando sexa necesario. Os destinatarios da liña son persoas con ideación ou comportamento suicida, así como familiares ou amigos íntimos de vítimas de suicidio ou persoas con ideación suicida. O 024 é un servizo nacional (accesible desde todo o territorio nacional), gratuíto, confidencial e dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...