InicioSucesosInterceptado un condutor de Gondomar que circulaba ebrio, drogado e en sentido...

Interceptado un condutor de Gondomar que circulaba ebrio, drogado e en sentido contrario pola autovía Vigo-Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou a un veciño de Gondomar, de 41 anos de idade, que circulaba ebrio e drogado en sentido contrario pola A-55 entre o Polígono das Gándaras e o núcleo urbano do Porriño.

Segundo informou a Benemérita nun comunicado, os feitos sucederon o pasado sábado, 19 de novembro, cando a central COTA do Subsector de Tráfico de Pontevedra recibiu unha chamada alertando de que un vehículo circulaba en sentido contrario na A-55, dirección Tui polos carrís que levan a Vigo.

Por iso, diferentes patrullas en servizo, próximas á zona, tanto da Garda Civil de Tráfico como de Seguridade Cidadá desprazáronse ata o lugar. Finalmente, interceptouse ao vehículo na A-55 á altura do quilómetro 17, no Porriño. Os axentes comprobaron entón que o condutor, un veciño de Gondomar de 41 anos, presentaba “evidentes síntomas de atoparse baixo os efectos de alcol”.

Por iso, realizóuselle ao condutor unha proba de alcoholemia na que arroxou uns resultados que triplicaban a taxa máxima permitida en aire expirado. Así mesmo, na proba de drogas, o condutor deu positivo indiciario en THC e anfetaminas, resultados estes últimos que aínda “están pendentes de confirmación por un laboratorio”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...