InicioSucesosDous feridos en Vigo tras chocar unha ambulancia en Gran Vía

Dous feridos en Vigo tras chocar unha ambulancia en Gran Vía

A ambulancia dirixíase a unha urxencia sanitaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste luns ao producirse un accidente no que estivo involucrada unha ambulancia e polo menos outro tres vehículos na Gran Vía de Vigo. Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 08,00 horas á altura do número 78 de dita cale dirección Praza América e os servizos de emerxencia tiveron constancia dos mesmos a través das chamadas de varios particulares.

Fontes do 061 consultadas por Europa Press confirmaron que dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital Povisa de Vigo a causa do suceso, unha delas nunha ambulancia de soporte vital avanzado, resultando ser un home de 47 anos con iniciais J.A.F.R.

O outro ferido foi trasladado nunha ambulancia de soporte vital básico. Así mesmo, explicaron que a ambulancia accidentada dirixíase a un servizo. Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, foron avisados a Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Vigo, aínda que ningunha persoa quedara atrapada e os ocupantes dos vehículos implicados saíron polo seu propio pé.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...