InicioSucesosO Parlamento Galego pide ao Goberno español beneficios fiscais para os afectados...

O Parlamento Galego pide ao Goberno español beneficios fiscais para os afectados de Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos parlamentarios aprobaron este venres por unanimidade unha iniciativa pola que acordan que o Parlamento de Galicia instará á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que estableza beneficios fiscais para as persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico ocorrida o pasado 23 de maio no Concello de Tui.

Este acordo tamén inclúe, entre outros puntos, demandar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil –zona catastrófica–, acelerar as correspondentes convocatorias de axudas aínda pendentes, o establecemento dunha liña de financiamento para compensar ao Concello de Tui “polo menos parte” dos seus gastos, e favorecer a tramitación dunha figura que permita unha ordenación urbanística adecuada.

Aínda que esta iniciativa parte dunha proposta presentada polo grupo parlamentario do Partido Popular por vía de urxencia, á que despois engadiron emendas BNG e PSOE, finalmente todos os grupos parlamentarios chegaron a un texto de consenso sobre estas cuestións durante a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...