InicioSucesosInvestigan a sete menores de Baiona por acosar a un compañeiro nun...

Investigan a sete menores de Baiona por acosar a un compañeiro nun instituto de Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil de Baiona investiga a sete menores de idade de entre 14 e 16 anos por acosar a un compañeiro de instituto escolar a un alumno do mesmo instituto, situado en Nigrán. Os pais do alumno presentaron unha denuncia ante a Garda Civil polo acoso que, segundo trasladou o Instituto Armado, padece o seu fillo desde o curso pasado.

Desde entón, os investigados profiren burlas e insultos cara á vítima, unhas vexacións que se foron incrementando ao longo deste curso, no que empezaron a pedirlle diñeiro. Ademais, tamén chegou a ser agredido fisicamente por negarse a dar diñeiro aos acosadores, aos que se investiga por un presunto delito de trato degradante, coaccións, ameazas e malos tratos de obra sen lesión. As dilixencias instruídas foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...