InicioSucesosDetido en Vigo por vulnerar unha orde de afastamento imposta polo Xulgado...

Detido en Vigo por vulnerar unha orde de afastamento imposta polo Xulgado de Violencia sobre a Muller

Foi atopado bebendo nun parque coa vítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 37 anos de idade, N.D.R.V., como presunto autor dun delito de quebrantamento de medida, tras vulnerar unha orde de afastamento imposta polo Xulgado de Violencia sobre a Muller da cidade olívica. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste luns, cando unha dotación do 092 que circulaba pola rúa Pizarro observou a un grupo de persoas consumindo bebidas alcohólicas nun parque infantil.

Ao decatarse da presenza policial, tentaron abandonar o lugar á carreira, pero foron interceptados e identificados os axentes. Entre as persoas identificadas atopábase este home, sobre o que pesa unha medida cautelar de afastamento dunha muller, ditada polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. Dita orde prohíbelle expresamente achegarse a menos de 500 metros desa muller, e os axentes comprobaron que este individuo estaba a menos de 200 metros da protexida, polo que se procedeu á súa detención.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...