InicioSucesosUn veciño do Rosal resulta ferido tras envorcar co seu tractor

Un veciño do Rosal resulta ferido tras envorcar co seu tractor

A vítima foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido este luns ao envorcar o tractor que manexaba no municipio pontevedrés do Rosal. Foron os seus familiares e os veciños que se atopaban no punto os que puideron liberalo, xa que quedara atrapado por un brazo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 9,30 horas, cando o 061 solicitaba colaboración para unha persoa que quedara atrapada baixo un tractor envorcado cando circulaba polo lugar de San Xian.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia activouse un operativo formado polos Bombeiros de Baixo Miño, polos membros do GES da Guarda, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. A vítima foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...