InicioSociedadeConducindo asomando o corpo polo teito do coche

Conducindo asomando o corpo polo teito do coche

Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé 10,7 millóns de desprazamentos en Galicia durante a operación especial de tráfico do verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aire acondicionado parece non ser suficiente para algúns para refrescar o interior dos seus vehículos durante a marcha.

As imaxes de xente sen cinturón de seguridade asomando polos teitos dos coches ou mesmo sentados nos maleteiros dos descapotables cirulando incluso por autoestrada, fanse virais en internet ante a sorpresa de moitos.

A rede Social Drive publicaba onte o vídeo dun todo terreno, matrícula de Suiza, circulando por Aldán, onde un acompañante e o conductor asomaban parte do corpo polo teito do coche.

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé 10,7 millóns de desprazamentos en Galicia durante a operación especial de tráfico do verán, o que supón un 11,5% do total de coches que circularán nos meses de xullo e agosto en toda España. Este dato é un 24% maior que o do pasado ano.

As cifras foron achegadas polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha rolda de prensa celebrada este xoves no Centro de Xestión do Tráfico da Coruña, onde asegurou que “Galicia está de moda” como “zona preferente nos desprazamentos dentro de España e falou de “cifras récord” nas previsións da DGT.

No acto estivo acompañado polo director do centro, Ramiro Martínez; a coordinadora da DGT en Galicia, Vitoria Gómez; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xeneral xefe da Garda Civil, Luís Francisco Martínez; e o tenente coronel xefe da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia, Orentino Varela.

O delegado pediu “responsabilidade, prudencia e seguridade” en todos os movementos que se produzan no verán. “Nesta ocasión, non só quero referirme á condución senón tamén aos desprazamentos en bicicleta ou motocicleta e moi especialmente aos peóns”, apostilou.

Recalcou ademais, que “este ano” se produciron “seis falecidos en atropelos” en Galicia. Precisamente, os atropelos son os protagonistas da campaña de sensibilización da DGT para este verán.
Operación saída

Miñones explicou tamén que a operación saída das vacacións arrinca esta fin de semana en Galicia con 550.000 desprazamentos, “o 12,5% do total nacional”. Respecto ao ano pasado, esta cifra supón “un incremento do 40%”.

Será a primeira fase das catro nas que se divide a operación saída do verán. Durará desde este venres 1 de xullo ás 15:00 horas ata a medianoite do domingo.

Tras apelar á precaución, José Miñones lamentou a perda o verán pasado de “dez vidas” nas estradas galegas e remarcou que no que vai de 2022, mantéñense “as mesmas cifras” que o ano pasado, situadas a “nivel inferior” de 2019, previo á pandemia.
Vixilancia

Para velar polo cumprimento das normas haberá 336 cámaras para controlar o tráfico, 206 radares, un helicóptero e dous drons de vixilancia.

A Garda Civil prevé realizar preto de 140.000 probas alcoholemia, máis de 2.000 test de drogas e controis de velocidade a ao redor de 740.000 vehículos.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...