InicioSociedadeA Xunta atrasa o inicio do curso escolar en Secundaria, Bacharelato e...

A Xunta atrasa o inicio do curso escolar en Secundaria, Bacharelato e FP

PUBLICADO O

- Advertisement -

O inicio do curso en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional (FP) en Galicia atrásase do 16 ao 23 de setembro e seguintes días para poder afrontar os labores de adaptación dos espazos educativos ás medidas de prevención fronte ao coronavirus. Unhas medidas que lle pedían insistentemente desde hai días sindicatos, docentes e pais.

Despois de que varios institutos galegos reclamasen nas últimas horas o atraso da volta ás aulas e tras reunirse coa Xunta Autonómica de Directores de Secundaria, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou que o curso en Secundaria, Bacharelato e FP empezará o día 23 e seguintes por “problemas organizativos”, co obxectivo de “converter os espazos educativos en espazos seguros ante o COVID” e poder cumprir o metro e medio de distancia de seguridade. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...