InicioSociedadeFeijóo promete agora estabilidade laboral ao persoal sanitario

Feijóo promete agora estabilidade laboral ao persoal sanitario

PUBLICADO O

- Advertisement -

presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu o seu erro e o de distintas consellerías no anuncio do controvertido cheque regalo de 250 euros para que os profesionais sanitarios. Con todo, aproveitou durante a rolda de prensa do Consello da Xunta deste xoves para anunciar que estudan “incentivos” e mellorar as condicións laborais dos profesionais do Sergas en canto lle cheguen as axudas Covid do Goberno central.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. XUNTA

É evidente que houbo unha explicación pésima e moi desacertada, comezando or min”, dixo Feijóo ao ser preguntado polas críticas de todo o sector sanitario –asociacións, sindicatos ou colexios profesionais– contra o chegue dos 250 euros. Así, destacou que este bono “non ten que ver co sector sanitario”, senón que tiña como fin impulsar o sector turístico.

Tentamos impulsar medidas para diminuir o impacto económico“, dixo ao tempo en que insisitiu en que “non se explicou ben” e, polo tanto, “non se entendeu ben”, por parte dos sanitarios. “Pido diseculpas porque non era esa a nosa intención”, recoñeceu.

MEDIDA ELECTORAL?

Con todo, Feijóo tentou enmendar este “erro”, anunciando novas medidas para estabilizar a situación laboral dos sanitarios. Precisamente, todos os colectivos deste sector, sen excepción, criticou que se dean bonos regalo, pero non se estabilice as condicións laborais nas que se atopan moitos profesionais.

Por iso, e a unhas horas do arranque da campaña, Feijóo anunciou que mellorará estas condicións e que, tanto as consellerías de Sanidade como de Facenda, están xa estudando propostas en materia de “incentivos e estabilidade laboral” para todo o colectivo sanitario. “Pero para iso temos que saber o que nos tocará do fondo de 16.000 millóns de euros prometidos polo Goberno para paliar os efectos da Covid-19”, dixo. 

“Cando saibamos o que nos toca, miraremos o que podemos facer e presentaremos unha proposta que será discutida na mesa sanitaria cos sindicatos”, engadiu.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...