InicioSociedadeA nefasta xestión das residencias de maiores

A nefasta xestión das residencias de maiores

Falta de persoal, sobreocupación e 33 expedientes sancionadores son algúns dos males que afectan estes centros xa antes da crise do coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Falta de persoal e condenas por vulnerar dereitos laborais, sobreocupación, algunha sentenza máis puntual por neglixencias e un total de 33 expedientes sancionadores da Xunta no que vai desta Lexislatura, que botou a andar en outubro de 2016. Son puntos que debuxan o mapa de carencias que xa había nas residencias galegas antes de que a crise sanitaria do coronavirus as situase no foco. Así o ratifican fontes xurídicas, sindicais e da Administración galega consultadas. Todas coinciden en que non se poden converter os “fallos” detectados nunha causa xeral contra un sector que, pola súa banda, defende o seu labor e pide ter en conta o carácter “sanitario” da crise da COVID-19, así como a súa especial incidencia letal nos maiores, antes de caer en xuízos errados.

Premisa que comparte o subdirector de Inspección de Servizos Sociais na Xunta, Fernando González, quen incide en que “as residencias non son hospitais”. “É algo que convén lembrar agora con esta crise, teñen as súas instalacións e persoal con características propias do que son, centros para que os maiores poidan vivir”, subliñou.

O feito é que, do mesmo xeito que no resto de España, en Galicia as residencias, con centos de contaxios e un alto número de falecidos, seguen sendo un dos principais focos de preocupación da COVID-19. A día de hoxe a Xunta púxose ao mando de cinco delas: a residencia Porta do Camiño (Santiago), a de Fundación San Rosendo en Baños de Molgas (Ourense), a DomusVi Cangas, a DomusVi Barreiro e A nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras).

As dúas primeiras foron habilitadas para recibir a usuarios destes centros que padezan a enfermidade e as outras tres, intervidas.

REPORTAXE COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...