InicioSociedadeDefensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O organismo considera que o Consistorio interveu "activamente" e pide, por segunda vez, informes sobre a actuación da Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada polos afectados do incendio do edificio Alfonso X O Sabio de Vigo, ocorrido en 2023. Nel, considera que o Concello de Vigo interveu “activamente” e “de forma prolongada” na situación e pide coñecer as actuacións da Xunta.

No documento, apuntan que, “ante a falta de resposta” da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, lembróuselle por segunda vez a esa administración o seu “inescusable deber de colaboración”.

Tras estudar o informe remitido pola área de Benestar Social do Concello, no que se detallan todas as accións levadas a cabo por parte do Consistorio, o Defensor do Pobo considera que desde o Concello executáronse actuacións, “coa inmediatez debida”, para atender as necesidades básicas das familias, coa concesión de prestacións económicas e o acompañamento realizado polos traballadores sociais para ofrecerlles o apoio necesario.

Ademais, apuntan que o Concello lles proporcionou unha residencia temporal e realizou as xestións oportunas para que se lles adxudique unha alternativa habitacional de forma permanente. Do informe despréndese que os técnicos municipais están en coordinación cos técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Chan en aras de atopar vivendas adaptadas ás súas necesidades.

PIDEN COÑECER ACTUACIÓNS DA XUNTA

Por tanto, recomendan aos afectados que permanezan en contacto periódico cos Servizos Sociais Municipais e que colaboren cos seus técnicos para atopar “unha solución definitiva máis rápida e eficaz”. Sinalan ademais que non se pode concluír que exista unha irregularidade administrativa que ampare continuar as actuacións co Concello.

Por outra banda, indican que, “ante a falta de resposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas”, lembróuselle por segunda vez o seu “inescusable” deber de colaboración.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...