InicioSociedadeAtraso nas bolsas de comedor: Abel Caballero defende a política social de...

Atraso nas bolsas de comedor: Abel Caballero defende a política social de Vigo e acusa á Xunta

O prazo para solicitar as axudas comeza a próxima semana, coas críticas da Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais pola demora na convocatoria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a semana que vén abrirase o prazo para solicitar as bolsas de comedor no Concello de Vigo, despois das críticas vertidas pola Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) pola tardanza, un ano máis, destas axudas, que se cobrarán “en xaneiro ou febreiro”.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor dixo que as axudas están “garantidas ao 100% para todos os demandantes que cumpran os requisitos”, e que Vigo é a cidade española “coa política social máis importante de España”. Tras enviar este venres a convocatoria ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a partir da próxima semana abrirase o prazo durante 20 días hábiles.

Para a súa tramitación, Caballero dixo que se reforzou o equipo do persoal administrativo do Concello coa incorporación de seis profesionais. Ademais, aproveitou para cargar novamente contra a Xunta de Galicia, asegurando que debería ser o Goberno autonómico quen pague estas bolsas.

Todo iso despois de que Foanpas criticase fai preto dun mes que o Concello non convocase aínda as bolsas para que os nenos da cidade gocen do servizo de comedor de forma gratuíta, o que fará que ese diñeiro sexa cobrado polas familias “en xaneiro ou febreiro”.

Segundo a asociación, o curso pasado foron convocadas a finais de xuño e as bolsas cobráronse en decembro, obrigando a pais e nais a adiantar o diñeiro do comedor durante catro meses. Algo que moitas familias non se poden permitir. Este ano, a convocatoria non estará dispoñible ata mediados de agosto, dous meses despois que en 2023.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...