InicioSociedadeDetido en Vigo tras agredir á súa parella e negar inicialmente os...

Detido en Vigo tras agredir á súa parella e negar inicialmente os feitos, que foron denunciados logo pola vítima

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade de 31 anos de idade, D.P.G., como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade de 31 anos de idade, D.P.G., como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os feitos ocorreron á primeira hora do martes, cando o 092 recibiu unha chamada dunha muller que cortou repentinamente a comunicación tras dar unha dirección. Unha dotación presentouse no lugar e observou a unha parella saíndo dunha vivenda.

Ao preguntarlles, ambos negaron que houbese ningún problema e que simplemente tiveran unha discusión doméstica, aínda que os axentes notaron que a muller “mostraba signos de distrés emocional”. Momentos despois, esa muller presentouse na Xefatura da Policía Local de Vigo, pedindo reunirse cos axentes que interviñeran á primeira hora ás portas do seu domicilio.

A muller confesoulles que momentos antes lles mentiu por medo e que, cando os policías se marcharon, a súa parella leváraa de volta á casa e volveuna a agredir, dándolle varias puñadas polo corpo e producíndolle contusións que ensinou aos funcionarios. Os axentes volveron ao domicilio e procederon á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...